Advertisement
Puntogal
CIG-Ensino cualifica de éxito a folga no Consorcio de Igualdade e Benestar PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 25 de noviembre de 2009

Manifestación da CIG Ensino perante o edificio da Xunta
Manifestación da CIG Ensino perante o edificio da Xunta
CIG-Ensino cualificou de "éxito" a folga convocada nos centros pertencentes ao Consorcio de Igualdade e Benestar. Coa mobilización, os traballadores deste servizo público que naceu co Goberno bipartito demandan o mantemento dos postos de traballo, a aplicación do convenio colectivo, a celebración das oposicións convocadas e a resolución das irregularidades na contratación de persoal.

Segundo afirmou a central sindical nunha nota de prensa, o día de desemprego foi secundado polo 90% dos traballadores dos centros, a pesar dos "servizos abusivos" que impuxera o Consorcio. Esta xornada reivindicativa tamén contou cunha manifestación que xuntou a case 1.000 persoas polas rúas de Santiago de Compostela, polas que se puideron escoitar berros como "somos empregados, e non enchufados" ou "non estamos todos porque non nos deixaron".

Ao finalizar a mobilización, fronte dos despachos da Xunta en San Caetano, Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, enfocou as súas primeiras críticas aos servizos mínimos impostos desde os xerentes do Consorcio e asegurou que desde a Consellería de Traballo e Benestar "non ten ningún empacho en conculcar un dereito fundamental, como é o dereito á folga", indicou.

Informes de función pública

O seu ataque tamén se dirixiu cara ao director xeral da Función Pública da actual Xunta, a quen acusou de emitir informes "que non son da súa competencia, co único obxectivo de botar abaixo unhas oposicións negociadas e acordadas no propio Consorcio e que non foron postas en tea de xuízo", dixo, referíndose así ao informe a partir do que se paralizou a convocatoria dos procesos selectivos.

Louzao tamén acusou Función Pública de emitir informes contra o convenio dos traballadores do Consorcio "malia que recoñece que non lles corresponde", indicou. O sindicalista lembrou que este convenio fora negociado no mes de marzo, aprobado na mesa de negociación e ratificado polos catro comités de empresa. "A CIG non admitirá, baixo ningún concepto, ningún rebaixe no convenio negociado e acordado", resaltou.

Aludiu igualmente á pretensión do PP de "liquidar" os servizos sociais públicos, paralizando a creación de novos servizos xa comprometidos e intentando suprimir outros existentes.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >