|
Yolanda Castaño, Emma Couceiro e Estíbaliz Espinosa dan un recital contra a violencia de xénero |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
miércoles, 25 de noviembre de 2009 |
 Yolanda Castaño As escritoras Yolanda Castaño, Emma Couceiro e Estíbaliz Espinosa, acompañadas polo cantautor Xoan Curiel, ofrecen un recital contra a violencia de xénero no municipio coruñés de Bergondo. Organizado polo Consorcio As Mariñas, enmárcase dentro do inicio da campaña “Versos e acordes contra a violencia de xénero”, coincidindo coa celebración do Día Internacional da non Violencia contra a Muller, o 25 de novembro.
A campaña terá como obxectivo o debilitar as actitudes sociais e políticas que contribúen a perpetuar a violencia en todas as súas vertentes e incluirá tamén iniciativas de voluntariado na loita contra a SIDA e a favor dos dereitos humanos. A entrada ao recital, que se celebrará no auditorio do Edificio A Senra de Bergondo ás oito da tarde, será gratuíta.
Trackback(0)
|