 Recinto feiral Máis de 100 restauradores das catro provincias galegas asistirán a Turexpo Galicia 2009, que se celebrará do 27 ao 29 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia, con motivo da gala de entrega de premios do certame gastronómico “Tenedor de Oro” que terá lugar no marco do salón.
O número de asistentes a este evento, que se celebrará o día 28, ascenderá a 200, debido á presenza de numerosos representantes da Administración e das Denominación de Orixe de Galicia, así como moitos dos membros da “Orde de Honra do Tenedor de Oro”. A concesión deste galardón, que ten como obxectivo promocionar e dar a coñecer a hostelería galega dentro e fóra da Comunidade, contará cunha gran trascendencia no sector, xa que se trata do único galardón que, mediante votación popular, premia aos establecementos de restauración con un distintivo en nove modalidades: bodas e banquetes, cociña tradicional, cociña internacional, parrillada/asador, catering, novas tendencias, marisquería, mesón rural e viñoteca. “Orde de Honra” Na entrega de premios tamén se concederá a “Orde de Honra do Tenedor de Oro” a dúas personalidades en recoñecemento o seu traballo a prol do sector. Nesta edición de 2009 entregarase esta distinción á Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, e ao recoñecido restaurador Belarmino Fernández Iglesias. Éste último abriu restaurantes en diversos países de Latinoamérica e o coñecido “Rubayat” en Madrid, ademáis de crear unha escola no seu lugar de orixe, a vila de Sober (Lugo). En 2008 foi distinguido coa “Orde de Honra” o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, polo seu apoio á hostelería compostelana.
Trackback(0)
|