Advertisement
Puntogal
Vázquez saúda a creación de +BNG pero di que será o conxunto do BNG o que fixe a data da asemblea PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 2
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 24 de noviembre de 2009

Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez
O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, saudou a conformación de +BNG--que celebrou a súa asemblea constituínte o pasado sábado-- e considerou "bo" para a formación frentista que as correntes que o integran "teñan definida a súa liña política e ideolóxica dunha maneira clara". Malia iso, evitou pronunciarse sobre a petición do grupo que lidera Carlos Aymerich de que se convoque unha asemblea nacional ordinaria do BNG o próximo ano 2010, antes das eleccións municipais.

"Todas as propostas son dignas de consideración pero comprenderá que estas decisións as tomará o conxunto do BNG", respondeu Guillerme Vázquez ao ser preguntado en roda de prensa sobre esta petición.

"A miña preocupación é estar á altura das circunstancias e procurar alternativas para os problemas deste país. Eu estou preocupado pola crise, polo desemprego, polo futuro das caixas, polo sector agrario...", afirmou mentres declinaba pronunciarse a título persoal sobre a proposta de +BNG.

Porén, o voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego quixo "saudar tamén" a decisión dos integrantes de Máis BNG de "traballar no BNG e facelo con unidade e polo proxecto común".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >