Advertisement
Puntogal
A maioría absoluta do PP rexeita as emendas á totalidade dos orzamentos galegos PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 23 de noviembre de 2009

Grupo parlamentario do PP
Grupo parlamentario do PP
O Parlamento galego emprendeu o debate sobre a totalidade dos Orzamentos Xerais de Galicia para 2010, defendidos por Xunta e grupo popular, fronte ás posturas sostidas polos grupos da oposición, quen pediron a retirada das contas "que non serven para enfrontar a crise" e que revelan certo "revanchismo político" por parte do Goberno do PP. Tanto Fernando Blanco (BNG) como Manuel Vázquez (PSdeG) coincidiron en lamentar que trae o "mínimo investimento co máximo endebedamento", aínda que non prosperaron as súas emendas á totalidade das contas.

A primeira en intervir foi a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, quen reiterou os conceptos das últimas semanas sobre o "realista, eficiente e útil" das contas deseñadas polo seu departamento. Neste sentido, argumentou que con estes orzamentos se coloca "a primeira pedra para a recuperación económica", algo que necesita a comunidade, pois "os postos de traballo e a súa calidade dependen disto".

Pese á situación de crise económica, a titular de Facenda lanzou unha mensaxe positiva, vinculado ao efecto que sobre a economía poida ter o Xacobeo 2010. "Imos ser a única comunidade autónoma, xunto con Estremadura, que prevé terminar o ano 2010 con crecemento", explicou, para manifestar logo o seu convencemento de que a presentación dos próximos orzamentos producirase nun escenario máis optimista. Porén, apuntou que a enchente económica terá un elemento que remará en contra, e é que "a subida do IVE vai lastrar o mínimo crecemento que imos experimentar".

Os obxectivos dos orzamentos galegos, segundo a conselleira, é promover un modelo económico baseado na economía "do coñecemento e da competitividade e mantendo o recurso ao endebedamento dentro dunha senda prudente" e xerando "confianza". Fronte á defensa das contas que deseñou o actual Goberno galego, aludiu ás bases "irreais" dos orzamentos elaborados polo bipartito. Así, acusou as forzas que agora están na oposición de elevar os gastos de persoal en 260 millóns de euros ao ano (desde o 70% de 2007 ata o 92% de 2009).

Tamén en relación coas contas, sinalou que a actual Xunta tamén "quere manter o gasto social", algo que asegura que "non é patrimonio exclusivo da socialdemocracia"; negou a intención de "privatizar servizos públicos" e defendeu que os orzamentos contemplen formas de financiamento público-privada. En opinión de Fernández Currás, "hai que valorao en termos de custo-oportunidade", pois asegura que só mediante esta fórmula pódese avanzar en obras. "Os ingresos son os que son", argumentou.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
Seguinte >