Advertisement
Puntogal
Medio Rural designa a Javier Blanco Carballal novo xerente do Banco de Terras de Galicia PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
viernes, 20 de noviembre de 2009

Javier Blanco Carballal acaba de ser designado novo xerente da sociedade anónima xestora do Banco de Terras de Galicia, Bantegal, adscrito á Consellería de Medio Rural. Substitúe no cargo a Francisco Ónega López, segundo informa o departamento que dirixe Samuel Juárez.

Nado na bisbarra pontevedresa do Deza, Blanco Carballal é licenciado en Dirección e Administración de Empresas pola Universidade de Vigo. Ata o seu nomeamento dedicábase á actividade empresarial.

Dentro da súa formación destaca o "amplo coñecemento e manexo no campo da informática, ademáis dá súa especialización en marketing empresarial, informa Medio Rural. Tamén formou parte de diversas asociacións sociais e culturais que traballan en prol da dinamización rural, e impartiu docencia en varios institutos pontevedreses.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >