Advertisement
Puntogal
Poranse en marcha en Galiza un total 32 novas depuradoras de augas residuais ata 2012 PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 20 de noviembre de 2009

Estación depuradora
Estación depuradora
A Xunta ten programadas un total de 32 novas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR), das que 14 entrarán en funcionamento no 2009, outras 12 no 2010 e os seis restantes no 2011, segundo informou no Parlamento a presidenta do ente autónomo Augas de Galicia, Ethel Vázquez Mourelle.

Ademais, hai en fase de licitación, proxecto ou previsión outra depuradora de máis de 2000 habitantes equivalentes, co que de dará cumprimento á normativa comunitaria en materia de tratamento das augas residuais. Trátase das de Gandarío; Argaña; Foz, en Forxán; Poio-Sanxenxo; Tarrío; Barbantes, en Ribadumia; Corrubedo, en Ribeira; e a de Ribeira.

Ethel Vázquez, que compareceu na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, para dar contestación, entre outras, a unha pregunta formulada polo deputado do PPdeG Daniel Varela, sinalou que, actualmente, Augas de Galicia, está desenvolvendo unha asistencia técnica para o control e asesoramento da explotación das depuradoras galegas, entre as que se encontran as instalacións de tratamento secundario de titularidade municipal maiores de 2000 habitantes equivalentes.

En Galicia, segundo dixo, hai en funcionamento actualmente 120 EDAR de máis de 2000 habitantes equivalentes. Do total, 16 explótaas a Administración hidráulica autonómica e o resto depende dos propios concellos, sen contar o depurador Tui-Guillarei, a cal dixo que se prevé que entre en funcionamento a finais de 2009 e que tamén será asumida pola Xunta.

Ampliacións

A presidenta de Augas de Galicia informou de que actualmente son tres as EDAR que "claramente" precisan ser ampliadas. En concreto son a de Santiago, a de Ourense e a de Vigo. Mentres que a de Santiago e Ourense foron declaradas de interese xeral do Estado, a de Vigo indicou a responsable de Augas de Galicia que observa a espera de que a Administración central se pronuncie sobre a proposta feita pola Consellería de Medio Ambiente, na que se pon de manifesto que o que se solicita é unha modalidade de contratación.

Tamén informou de que froito das auditorías realizadas ás depuradoras en funcionamento, constatouse que nalgunhas delas obsérvase unha falta de capacidade debido, principalmente, a que os saneamentos "non se deseñaron dun xeito integral", dixo. Ademais, existen problemas en moitos dos procesos de desinfección debido a múltiples circunstancias.

As depuradoras con incapacidades, ademais das tres sinaladas, son as de Bertamiráns, Negreira, Ordes, Burela, Chantada, Foz, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Verín, Viana do Bolo, Lalín e Ponteareas.

Engadiu que actualmente éstánse definindo e concretando as necesidades de cada unha delas, así como os seus sistemas saneamento, coa finalidade de programar posible obras de mellora.

Na rede de colectores referiu que as "insuficiencias" se dan en 53 delas, entre as que citou os de Ames, Boiro, Carballo, Carnota, Corcubión, Coirós, Neda, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Teo, A Pontenova, Becerreá, Burela ou Castro de Rei.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy