Advertisement
Puntogal
Medio Ambiente aporta 107 millóns de euros para construír a depuradora de augas residuais de Vigo PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 20 de noviembre de 2009

Ethel Vázquez, presidenta de Augas de Galicia
Ethel Vázquez, presidenta de Augas de Galicia
A presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez, explicou no Parlamento de Galicia de que xeito realizará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o pagamento dos 107 millóns de euros destinados á construción da estación depuradora de augas residuais (EDAR) en Vigo.

O modelo de financiamento está orientado á contratación conxunta da elaboración do proxecto hidráulico e da realización da obras. Esta actuación realizarase mediante o aboamento total do prezo cun pagamento fraccionado en dez anualidades desde a fin da construción da EDAR en Vigo.

A presidenta de Augas de Galicia sinalou que a modalidade de contratación acordada non supón un incremento da achega económica do Ministerio de Medio Ambiente nin supón un endebedamento da Sociedade Estatal Augas da Conca do Norte (acuaNorte). Polo tanto, este sistema de pagamento garantirá a confinanciación da capital do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) que acuaNorte achega durante o período de execución da obras.

Indicou ademas Ethel Vázquez que xa se iniciaron os trámites do convenio con este último xeito de financiamento, despois de que o informe xurídico do 12 de novembro o cualificase como válido. Superado o informe xurídico, agora se están realizando os trámites precisos para elevar canto antes a petición ao Consello da Xunta, de xeito que despois poida ser asinada polo Goberno galego.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >