Advertisement
Puntogal
Guillerme Vázquez afirma que só 'un acordo de país' pode evitar que as caixas deixen de ser galegas PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 19 de noviembre de 2009

Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez
O futuro das caixas de aforro galego está "escrito" e camiña cara á súa "deslocalización" se non hai unha "reacción política", afirmou en roda de prensa o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez. Na súa opinión, só un "acordo de país das tres forzas políticas" pode evitar que as caixas "deixen de ser galegas". "Sabemos que existe un deseño do Goberno do Estado que ten como obxectivo a concentración e a desterritorialización das caixas; sabemos que hai moitas presións sobre o Goberno galego para impor ese deseño", afirmou. A única posibilidade para evitar que a estratexia do Banco de España se leve a termo pasa "por que as forzas políticas galegas consensuemos unha posición de país".

Guillerme Vázquez pronunciouse nestes termos durante a roda de prensa que ofreción tras o seu encontro co secretario xeral de Comisións Obreiras de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, co que compareceu conxuntamente ante os medios de comunicación.

O voceiro nacional do BNG chamou explicitamente ao consenso e mostrou a súa confianza en que o presidente da Xunta, tal e como lle solicitou a través dunha carta o BNG, convoque unha reunión dos líderes das tres forzas políticas de Galicia.

"É necesario un acordo das forzas políticas galegas para defender unha posición de país e para garantir que o centro de decisión das caixas fique en Galicia", afirmou. E confesou a súa "preocupación" por "como marcha este tema". "Neste tema é máis que evidente que o futuro está escrito e ese futuro camiña cara a deslocalización das caixas se non hai unha reacción política e un movemento político en serio do señor Feijóo; se non ou hai, as caixas deixarán de ser galegas", engadiu.

O secretario xeral de Comisións Obreiras, Xosé Manuel Sánchez Aguión, expresou o seu criterio claramente favorable a que o centro de decisión das caixas galleags mantéñase en Galicia e contrario a calquera hipótese que supoña a absorción destas entidades.

Trackback(0)
Comentarios (1)Add Comment
0
Caixas de Aforros: minutos decisivos
escrito por a furada do trasno , noviembre 22, 2009
Anuncia o xornal do norte que nas vindeiras 72 horas tomarase a decisión. A ninguén parece preocuparlle a desinformación e o oscurantismo co que se chega ao momento clave. O importante é sumar opinantes, cantos máis mellor.

Vimos reclamando con insistencia que un debate serio require información veraz sobre a verdadeira situación económico-patrimonial de cada unha das dúas entidades.

Os únicos datos publicados, a altura de setembro, eran bastante parellos. Core capital: 6,29 Caixa Galicia, 5,2 Caixanova. Tier 1: 8,01 e 7,45. Ratio BIS: 11,14 e 11,84. Morosidade: 4,92 fronte a 4,65. Eficiencia 45,85 para Caixa Galicia e 37,7 para Caixanova.

Hai poucos días Antonio Grandío Dopico (http://www.antoniograndiodopico.es), catedrático da Universidade da Coruña, fixo público un informe no que se aventura a indagar para coñecer con máis profundidade a verdadeira situación interna de ambas entidades.

É o único intento que en todo o gran debate no que está participando todo o país se ten feito por poñer datos enriba da mesa. Non vou defender aquí este informe. Ao contrario, peréceme frouxo e bastante estrafalario. Agora ben, cando dende La Voz de Galicia, e sobre todo dende Caixa Galicia, se descualifica de maneira radical, deberían achegarse datos para contrapoñer aos contidos nese informe. Nin un só dato, unha simple descualificación xeral ao traballo e ao autor.

Á marxe da calidade do seu traballo, penso que Grandío pon enriba da mesa o verdadeiro asunto que Galicia ten que dilucidar:

1. É viable Caixa Galicia?.

2. Nunha fusión intragalega, a achega dunha Caixanova tamén en delicada situación sería suficiente para salvar a Caixa Galicia do abismo en que semella se atopa?.

Máis en: http://afuradadotrasno.blogspot.com/
abuso de envío
vota abaixo
vota arriba
Votos: +0

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >