Advertisement
Puntogal
O PSdeG oponse a unha fusión de Caixa Galicia con CajaMadrid que achaca a unha trama do PP e Feijóo PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 19 de noviembre de 2009

Manuel Vázquez
Manuel Vázquez
O líder do PSdeG, Manuel Vázquez, proclamou que a formación que lidera oponse "frontalmente" a unha posible fusión de Caixa Galicia con CajaMadrid "ou con calquera entidade que desprace o centro económico" das caixas galegas da comunidade. En declaracións aos medios tras unha reunión co Colexio de Xornalistas de Galicia, Manuel Vázquez achacou á deriva popular as declaracións do voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, nas que insinuaba que o ministro de Fomento, o socialista José Blanco, estaba detrás das supostas presións do Banco de España para fusionar Caixa Galicia e Caja Madrid.

"Se algo caracteriza ao ministro José Blanco é a súa intelixencia, e apostar por fortalecer a caixa do PP non sería moi intelixente", argumentó Manuel Vázquez, quen engadiu que a "trama para a absorción de Caixa Galicia por Caja Madrid ten nome e apelidos: PP e Núñez Feijóo".

O secretario xeral dos socialistas galegos desenvolveu a súa argumentación de réplica ás acusacións do PPdeG resaltando que a presidencia da Comunidade de Madrid ocúpaa Esperanza Aguirre, a da Comunidade Valenciana Francisco Camps e a da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, todos do PP. A eles únese Rodrigo Rato, peso pesado na formación popular, na presidencia de CajaMadrid.

Doutra banda, Manuel Vázquez reiterou o seu chamamento ao presidente da Xunta para que se posicione respecto ao futuro das caixas galegas, lamentando que "non sabemos o que quere". "Feijóo fala das caixas todos os días e non di nada ningún", sentenciou. Pola contra, mostrouse convencido de que o seu contorno é partidario da fusión da caixa do norte con CajaMadrid e CAM.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >