Advertisement
Puntogal
A patronal galega acorda con empresarios portugueses o acceso a mercados emerxentes PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 19 de noviembre de 2009

Acordo de cooperacion entre a CEG e AIP-CE de Portugal
Acordo de cooperacion entre a CEG e AIP-CE de Portugal
A Confederacion de Empresarios de Galicia (CEG) e a Associaçao Industrial Portuguesa (AIP) ratificaron en Lisboa un convenio de colaboración para potenciar as relacións comerciais entre ambos os dous territorios e para mellorar a competitividade dos seus tecidos empresariais. A través de deste acordo, a patronal galega pretende, ademais, abrirse unha porta en mercados emerxentes como Brasil, Angola ou Cabo Verde, nos que o país veciño ostenta unha posición privilexiada.

Segundo explicou o máximo representante da patronal galega, Antonio Fontenla, nesta conxuntura de crise, Galicia debe “combater a falta de mercados e a caída da demanda ”, potenciando as relacións coas empresas lusas. E é que Portugal é o segundo destino das exportacións galegas (16,6%), só por detrás de Francia (41,6%). Cun volume de negocio que superou os 1.263 millóns de euros entre xaneiro e agosto deste ano, as vendas das sinaturas galegas a Portugal retrocederon un 19,5% polo efecto da crise. Así mesmo, as importacións recuaron un 32%. Nesta tesitura, o representante da patronal galega apuntou que “queda moito por facer en Portugal”, aínda que a taxa de cobertura –que mide a relación entre as exportacións e as importacións-- segue sendo positiva en Galicia, do 108%. O líder dos empresarios galegos propuxose potenciar de forma conxunta a I+D+i, ademais de relanzar as vendas do téxtil, da madeira e do granito, que nos últimos meses experimentaron un importante retroceso.

Fontenla apostou por potenciar “as relacións e lograr un maior movemento comercial” para superar o carácter de rexións “periféricas” de Galicia e Portugal dentro da UE, apuntando a conveniencia de entrar en mercados como Brasil, cuxa economía “está respondendo moi ben” ante a crise financeira mundial. “España e Portugal están condenados a entenderse para que as súas empresas teñan máis peso específico no mercado ”, recalcou Fontenla ante o presidente da AIP, Jorge Rocha de Matos, ao tempo que instou a aproveitar a lingua como unha ferramenta para facilitar as relacións comerciais.

Nun encontro ao que asistiu o director de Relacións Internacionais da Confederacion Española de Organizacións Empresariais (CEOE), José García-Morales, e que contou co apoio do embaixador de España en Portugal, Alberto Navarro González, o presidente da patronal lusa apostou por impulsar o “desenvolvemento da Península Ibérica”, polo que se mostrou partidario de “lograr unha maior aproximación” entre os empresarios “de España, Galicia e Portugal”. “Non queremos ter o monopolio da actividade empresarial da UE, pero debemos ser máis fortes no marco europeo” e en terceiros países, dixo Rocha.

Obxectivos

Entre as actuacións que contempla o acordo cerrado na capital portuguesa figuran o apoio á internacionalización das compañías e a consolidación das que xa operen no mercado exterior. Con esta meta, as dous patronais comprometéronse a promover o intercambio de programas de asesoramento, información e fomento da iniciativa empresarial. Ademais, fomentarán o “recoñecemento” da representatividade de cada organización” nos dous ámbitos xeográficos e aumentarán o intercambio de información.

A organización de cursos, programas de formación e congresos para impulsar a competitividade das sinaturas e a organización de feiras sectoriais e intersectoriais a ambos lados da fronteira son outros aspectos do acordo, que tamén contempla a promoción do “redimensionamiento empresarial”. Para velar polo cumprimento destes obxectivos, unha comisión encargarase do seguimento deste convenio, que terá unha vixencia de dous anos.

Cume ibérico

Outro dos compromisos acadados no encontro foi o de organizar un “cume ibérico” para debater sobre as relacións comerciais entre Portugal e España con ocasión do Xacobeo 2010. Neste sentido, Fontenla confirmou que a Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) “confirmou xa a súa asistencia” a un encontro que a CEG prevé organizar “no primeiro trimestre do próximo ano”. Pola súa banda, Rocha aceptou a invitación en nome da patronal lusa, apuntando que "estaremos en Santiago".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior