Advertisement
Puntogal
Pilar Neira, MU.DE.GA.:‘Homes e mulleres teñen dereito a gozar da práctica deportiva en igualdade’ PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 6
MaloBon 
Escrito por JR Counago   
miércoles, 18 de noviembre de 2009

Pilar Neira
Pilar Neira
Pilar Neira, presidenta da asociación Mulleres Deportista Galegas, falounos sobre esta organización que busca acadar a igualdade de xénero nun mundo tan eminente masculino como é o do deporte. Dende a súa experiencia como seleccionadora galega de fútbol feminino aporta o seu gran de area para acadar este obxectivo.

- Explícanos que é MUDEGA?

 - MUDEGA é unha asociación sen ánimo de lucro.O noso obxectivo é potenciar a presenza das mulleres no mundo do deporte e tentar facer máis visibles os logros das deportistas galegas, con ánimo de que sexan un exemplo para as novas xeracións,  promover a igualdade de oportunidades no mundo do deporte, levar adiante proxectos de colaboración con distintas entidades, desenvolver traballos,  realizar presentacións sobre o deporte feminino en Galiza, organizar xornadas de deporte feminino na rúa... Somos unha asociación de mulleres deportistas, onde a política non ten cabida.

 - Como tomaste a iniciativa de constituír a asociación?

- Como deportistas, todas nos coñeciamos entre nós, coincidiramos varias ocasións en actos ceas, homenaxes... En febreiro do 2008, nun encontro informal, falando da situación das mulleres no deporte, das nosas experiencias durante o tempo que estivemos competindo e de cal era a situación actual á que se enfrontan as mulleres nos seus clubs, decidimos xuntarnos. Baixo o lema, xuntas facemos equipo en marzo do 2008, xuntámonos novamente, para escribir os estatutos da nosa asociación "Mudega".

- Cantas integrantes tedes actualmente?

 - Nestes intres, asociadas somos sobre 80, cambiamos os estatutos, e dende fai 3 meses, admitimos tamén homes. Aproveito a ocasión para convidar, tanto a homes como mulleres deportistas a unirse e traballar con nós.

- Tedes organizado algún tipo de evento?

 - Neste primeiro ano de vida, asistimos a ponencias e tamén as organizamos. Estivemos no congreso internacional Muller e deporte celebrado en Lisboa, nas xornadas Muller e piraguismo celebradas no Grove, e no congreso da Federación Galega de Pesca celebrado en Lugo.

Colaboramos ou participamos  na organización dos seguintes eventos:

 - Torneo de fútbol sala feminino Mételle un gol ao cancro, celebrado en Bergondo.

- II Memorial Tito Villar Pispieiro de balonmán feminino, coa participación de seleccións da talla de Galiza, Euskadi, Cataluña e Inglaterra.

- III Marcha da muller specialized celebrada en Cambre.

- Xunto coa Concellería de Igualdade na Coruña, organizamos o Día do Deporte Feminino na Rúa.

- I bandeira de traíñas de Marcha Mundial das Mulleres, celebrada en Oleiros.

- II Torneo Internacional Feminino ASM, Cidade da Coruña, onde estiveron presentes as mellores xogadoras de pádel do mundo.

- Tamén asistimos á primeira reunión de clubs femininos de fútbol de Superliga, onde se tratou a problemática da prohibición de ser profesional, da muller no mundo do fútbol, sendo nós os únicos asistentes de Galiza.

- Reunimos en Santiago a todos os clubs femininos de fútbol de Galiza, facendo unha primeira xuntanza para a creación dunha asociación de clubs femininos de fútbol.

- Antes de finalizar o ano, temos pendentes 3 charlas, nos concellos de Sada, Oleiros e Culleredo, onde falaremos da situación da muller no mundo do fútbol.

- Como vedes as decisións económicas en materia deportiva do actual goberno galego?

 - As cousas, nestres intres non pintan ben. Supoño que a crise está a pasar factura a todos os estamentos. O goberno baixou moito a cantidade económica a repartir entre os deportistas. Nós o que pediriamos ao novo goberno é que pense que as mulleres, por non ter visibilidade nos medios de comunicación, temos moitísimos problemas á hora de atopar un patrocinador, que necesitamos da súa axuda para competir. Que a muller, sen axuda institucional, ten moitísimos máis problemas que os homes para poder xuntar os cartos necesarios que cubran as súas necesidades.

- Recentemente tense falado do caso Eva Castro, campiona de BMX en descenso e fourcross a nivel estatal, que ten que deixar de competir ao non recibir as axudas necesarias da Consellería de Deporte. Cal é a situación actual deste caso?

- O caso de Eva Castro é un reflexo do que falabamos antes.  Ela, competindo nun deporte minoritario, ten moitísimos problemas para acadar un patrocinio. Se o Xacobeo lle retira a subvención,como lle comunicaron, terá que baixarse da bici; pero eu confío, en que o seu problema se vai arranxar, xa que, a semana pasada, estando as dúas en Vigo, coincidimos co Secretario Xeral de Deportes, Sr. Lete, no campionato europeo de Taekwondo, e achegouse a onde nos atopábamos, prometéndolle que ían a valorar o seu caso. Eu teño confianza en que todo se solucione, por Eva como deportista e, sobre todo, como amiga.

- Existen máis deportistas nesta situación que coñezades?

 - Pois a verdade que o descoñezo. Nestes intres, supoño que moitas deportistas e moitos clubs femininos galegos estarán facendo números para poder afrontar a tempada. Pero ese é o problema que temos todos os anos, o deporte feminino sempre vai por debaixo do masculino.

 - Que medidas proporiades para erradicar a desigualdade de xénero no deporte?

 - Como en outros ámbitos da vida, a solución pasa pola educación. Os nenos e nenas, deben medrar en igualdade. Débese apoiar ás rapazas que desexen facer deporte como se fai cos nenos. Isto permitiría ver as mulleres deportistas con normalidade, coas mesmas inquietudes, sacrificios e posibilidades. O deporte de competición é importante pero a igualdade comenza na base  e aí temos que loitar todos.

 - Cales son os requisitos para entrar a formar parte da vosa asociación?

 - Ser maior de 14 anos, ter relación co deporte en calquera dos seus ámbitos, e sobre todo, crer no noso ideario: que os homes e as mulleres teñen dereito a gozar da práctica deportiva en igualdade.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >