Advertisement
Puntogal
A comunidade galega conta con 249 deportistas de alto nivel PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 18 de noviembre de 2009

David Cal
David Cal
Galicia conta con 249 deportistas recoñecidos como de alto nivel (DGAN) despois do procedemento que culminou a finais do mes de outubro, cando se incluíron 27 novos deportistas que se engaden á lista confeccionada no mes de xuño.

O deporte con máis recoñecementos no último proceso foi o taekwondo con nove deportistas, entre eles a ex campiona do mundo Belén Asensio ou Rebeca Mariño, que participou no último Mundial absoluto disputado en Copenhague. A segunda modalidade con máis incluídos novos é a vela con seis, mentres que halterofilia, loita, natación, remo, squash, atletismo ou balonmán tamén viron recoñecidos a deportistas.

Por diferentes motivos non foron recoñecidos 32 deportistas, algúns por non presentar a documentación en prazo, e outros por non cumprir cos requisitos esixidos nun proceso amparado na Lei Galega do Deporte.

Este recoñecemento, que é por tres anos, permitirá aos deportistas obter diferentes beneficios, entre eles as bolsas DGAN que outorga a Xunta de Galicia.

Na listaxe de Deportistas Galegos de Alto Nivel están figuras como os campións olímpicos Antón Paz, Carlos Pérez Rial ou Fernando Echávarri, así como o dobre medallista olímpico David Cal ou o campión de Europa de Tríatlon, Javier Gómez Noya ou as medallistas mundiais de taekwondo, Andrea Rica ou Fani Hernández.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >