Advertisement
Puntogal
J.Vázquez di que a sentenza que impide aos pais elixir o idioma das clases non afecta o novo decreto PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 18 de noviembre de 2009

Jesús Vázquez, conselleiro de Educación
Jesús Vázquez, conselleiro de Educación
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, afirmouque a sentenza do Tribunal Supremo que nega aos pais o dereito de elixir o idioma no que os seus fillos deben educarse no colexio non condicionará o decreto que prepara a Xunta, xa que indicou que este documento "respecta a legalidade vixente en Galicia".

"É unha setencia que non afecta ao decreto que prepara o Goberno dentro da máis estrita legalidade, non modifica ningunha cuestión aspecto do decreto da Xunta", afirmou Jesús Vázquez a preguntas dos xornalistas, durante a visita institucional que realizou ao Concello de Pontevedra.

Aínda que afirmou descoñecer todos os aspectos da sentenza, o conselleiro de Educación insistiu en que o decreto no que traballa o Executivo autonómico, e que espera ter terminado "antes de que finalice o ano", respectará a lexislación vixente en Galicia e o Estatuto de Autonomía.

Vázquez lembrou que a Xunta non está facendo nada que non fixese o bipartito, xa que "no 2007 entenderon que cumpría cambiar un decreto, e nós entendemos que no 2010 é necesario ter en marcha un novo decreto", froito, afirmou, dunha forma distinta de entender a convivencia lingüística en Galicia.

"O bipartito pensaba que había un problema de convivencia entre as dúas linguas e nós entendemos que temos que dar unha resposta á cidadanía, e nese sentido estamos traballando", reiterou Jesús Vázquez.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >