Advertisement
Puntogal
Os traballadores de Pascual cortan a Nacional VI ao seu paso por Outeiro de Rei (Lugo) PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
miércoles, 18 de noviembre de 2009

Protesta dos traballadores da fábrica de Outeiro de Rei
Protesta dos traballadores da fábrica de Outeiro de Rei
Os traballadores da fábrica que o grupo Leite Pascual ten na localidade lucense de Outeiro de Rei están a cortar a circulación na estrada Nacional VI, á altura do mesmo lugar no que se encerraron, dentro de dúas caravanas, para protestar pola ausencia dunha solución para o seu conflito laboral, motivado polo expediente de regulación de emprego temporal (ERE) que a empresa burgalesa aplicou sobre a totalidade do cadro de persoal, que caducará o vindeiro 4 de decembro.

Segundo informou a Confederación Intersindical Galega (CIG) nun comunicado, os traballadores cortarán o tráfico despois da tradicional asemblea dos mércores, que se celebrará ás doce do mediodía, para estudar a posibilidade de iniciar novas mobilizacións, máis contudentes, que completen o encerro indefinido que comezaron fai xa sete días nos inmediacións da fábrica.

A CIG pediulle ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que “rompa o seu silencio e indiferenza” cara aos traballadores de Pascual e que explique en que se gastaron os 735.000 euros que esta empresa recibiu do IGAPE ou os 8 millóns de euros que recibiu da Administración autonómica no 2002.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >