Advertisement
Puntogal
O Prestige segue vertendo 50 litros de fuel cada día PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
miércoles, 18 de noviembre de 2009

Casco afundido do Prestige
Casco afundido do Prestige
O pecio afundido do Prestige alberga aínda entre 1.200 e 1.500 toneladas de fuel e ten unhas pequenas fisuras polas que segue soltando arredor de 50 litros de petróleo cada día, segundo afirma o voceiro en materia de Pesca do BNG, Bieito Lobeira.

O 13 de novembro de 2002, o petroleiro resultou accidentado, no medio dun temporal no que se chegaron a rexistrar refachos de vento de máis de 110 quilómetros por hora. Sen embargo, non se afundiu ata o día 19, xerando unha marea negra en todo o litoral galego.

Segundo dixo Lobeira, o buque encóntrase a 4.200 metros de profundidade. Aínda que considera que os 50 litros que verte ao día constitúen unha cantidade pequena, Lobeira mostrouse preocupado polo proceso de corrosión do material do casco do Prestige.

'Queremos que se estea vixiante coa situación do pecio, que os servizos de vixilancia marítima vixíen de forma sistemática a zona para evitar calquera vertedura que se poida producir', sinalou.

Sete anos despois da traxedia, Lobeira cre que segue sendo posible que se produza unha nova catástrofe, aínda que recoñece que se mellorou parcialmente a capacidade de resposta ante este tipo de situacións. 'A traxedia non se pode esquecer, segue representando unha ameaza',concluíu Lobeira.

Non perder a memoria

A ONG Ecoloxistas en Acción en relación ao caso Prestige pediu non perder a memoria para loitar por un mundo sostible. 'Hai que lembrar as consecuencias do actual modelo enerxético petroleiro, dun sistema económico globalizado, da impunidade das empresas privadas, da inoperancia das leis estatais e da insensibilidad ambiental de gobernantes cortoplacistas', engadiu a ONG.

O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino informou o pasado mes ao Consello de Ministros sobre o anteproxecto de lei de Protección do Medio Marino, que, entre outras cuestións, establecerá normas en relación coas verteduras desde buques e aeronaves ao mar, a incineración e a colocación de materias sobre o fondo mariño.

Tamén creará formalmente a Rede de Áreas Mariñas Protexidas, para asegurar a conservación e recuperación do patrimonio natural.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >