Advertisement
Puntogal
A Xunta prevé promocionar a cultura galega extendendo o servizo da TVG a 'rexións fronteirizas' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 16 de noviembre de 2009

Feijóo presidiu o pleno do Consello Asesor de Telecomunicacións
Feijóo presidiu o pleno do Consello Asesor de Telecomunicacións
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o seu Goberno pretende "promocionar" a cultura galega extendendo o servizo da TVG a "rexións fronteirizas", como son Asturias, o Bierzo (León) ou Sanabria (Zamora). Explicouno no transcurso do pleno ordinario do Consello Asesor de Telecomunicación e Audiovisual de Galicia, que se celebrou en Santiago de Compostela, tras "tres anos sen ser convocado". Neste contexto, Feijóo avogou pola construción desa "Galicia global" a través das novas tecnoloxías, porque estas abren "novas oportunidades" no ámbito "estatal e internacional", pero tamén de "cohesión interna".

Segundo Feijóo, as telecomunicacións son un elemento que contribuirá a "saír vigorosos da crise" e, neste sentido, marcouse un "cambio de rumbo" para evitar que a comunidade quede cun "século de atraso". Así mesmo, quere situar a Galicia "no mapamundi", para o que "presentaremos a candidatura" para que sexa sede da Axencia Estatal de Radiocomunicacións de España.

Outro dos retos que se afrontará é o apagón analóxico que se producirá entre a primeira quincena de xaneiro--na Coruña e Ourense-- e o mesmo período de abril--en Lugo e Pontevedra--.

Neste sentido, afirmou que o Goberno fará un "esforzo especial" en colaboración co sector para que as televisións locais e autonómicas "non perdan a súa función nin peso".

Tamén anunciou Feijóo que será convocado un "concurso público" para adxudicar concesións administrativas de novas "frecuencias" de radio. Ao aspecto, o presidente manifestou que o último plan técnico estatal deixou en Galicia "frecuencias suficientes".

Segundo o dirixente galego, a Xunta traballa na súa estratexia de telecomunicacións desde o mes de maio e, nestes momentos, hai diversas accións en marcha. Por un lado, aludiu ao investimento de 260 millóns de euros a través dun plan de banda ancha que permitirá "modernizar a rede de telecomunicacións da Xunta". Tamén se lanzará o 'E-Goberno' para 2013 en coordinación coa Fegamp e as catro deputacións, realízanse actuacións integrais no uso "das novas tecnoloxías" e prevese acelerar o "cambio tecnolóxico" na comunidade.


"Rachar co continuísmo"

O dirixente autonómico avogou ademais por "rachar co continuísmo" en materia audiovisual. Para iso, Feijóo propuxo aplicar criterios como a "transparencia, liberdade de información, iniciativa empresarial, fomentar a xestión racional, austera e eficiente".

Para camiñar neste sentido, aludió a tres reformas normativas, na Lei de Publicidade Institucional, a Lei de Creación da CRTVG e a Lei de Comunicación Audiovisual.


Comisión permanente

Elixiuse a composición da comisión permanente do Consello Asesor de Telecomunicacións, que preside Alfonso Cabaleiro, e vicepresiden María del Mar Pereira e Roberto Varela. Como vocais figuran 17 persoas, en representación das administracións autonómicas, local, universidades, sindicatos, operadores de servizos de telecomunicacións, a CRTVG, o Consorcio Audiovisual, Televisión e Radiofusión, xornais galegos, asociación do audiovisual, Fundación Galicia Europea e usuarios, industriais e comercializadores. Así mesmo, inclúense tres persoas como "personalidades de recoñecido prestixio", que son Alfonso Sánchez Izquierdo, Francisco Campos e José Manuel Soto Vázquez.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >