Advertisement
Puntogal
'3 clásicos renovados', campaña de promoción da pescada, o peixe sapo e o galo, chega a Vigo PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 16 de noviembre de 2009

Posto de venda do peixe
Posto de venda do peixe
Beatriz Sotelo, Javier González, Antonio Botana ou Carlos Gea, son os nomes dalgúns dos cociñeiros máis importantes da alta cociña galega que están a participar na campaña de promoción “3 clásicos renovados” que puxo en marcha a Asociación Nacional de Buques de Pesca de Gran Sol (ANASOL) co patrocinio do FROM e o Fondo Europeo de Pesca.

A través dun DVD e un libro, os profesionais da cociña ensínannos a elaborar o peixe sapo, o galo e a pescada desde a renovación e a modernidade. Pescada rechea de paté de mexillóns e gornición de pasta fresca con xudías; galo asado con pesto de San Simón e tomate especiado, tacos de peixe sapo á ourego, touciño ibérico, coliflor e laranxa; pescada con tapioca e caldo afumado de verduras; galo con cigalas e orella de porco, ou peixe sapo asado con xogo de pirixel, perlas do Xapón e ameixas, son tan só algún dos pratos que poderemos encontrarnos neste audiovisual no que os cociñeiros, a través dun showcooking, nos fan as súas propostas.

Trátase de que estes tres clásicos da gastronomía, a pescada, o peixe sapo e o galo, que ocuparon tradicionalmente un lugar de honra na nosa cociña, viren a ser protagonistas para unha xeración que empeza a botar man de forma preocupante do denominado xantar lixo. Cociñar peixe pode ser rápido,divertido e saboroso.

Os cursos

A campaña “3 clásicos renovados” complétase con cursos de cociña por diversas cidades españolas. Santander, Madrid e Barcelona acolleron xa estas clases con gran éxito de asistencia. Este curso express inclúe, entre outras actividades, a visita ao mercado, para escoller os mellores produtos aprendendo a analizar as calidades, e, por suposto, a elaboración dun prato e a súa presentación.

A Escola de Cociña

Caixanova acolle os cursos o martes, mércores e xoves desta semana, de 10:00h. a 14:00h, e serán impartidos polo cociñeiro vigués Carlos Gea.

ANASOL

ANASOL (Asociación de Armadores de Buques de Pesca no Gran Sol) é unha asociación á que pertencen os armadores de buques pesqueiros que realizan a súa actividade en augas da Unión Europea, principalmente nas costas de Irlanda, Reino Unido, Francia e zonas VI, VII e VIII de ÍCELA. A maioría da frota está integrada por arrastreiros, aínda que tamén hai barcos que utilizan a modalidade de palangre.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >