Advertisement
Puntogal
Figueroa avalía positivamente os resultados da hostaleria nun encontro en Mondariz Balneario PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 3
MaloBon 
lunes, 16 de noviembre de 2009

José Manuel Figueroa no centro da imaxe
José Manuel Figueroa no centro da imaxe
Mondariz Balneario, un dos puntos de referencia para o turismo na provincia, foi o lugar de encontro escollido para avaliar os resultados das campañas que se realizaron e as que se realizarán de cara ao ano Xacobeo no sector da hostelaria.

Dun lado o máximo responsable público do Patronato de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, e o presidente da Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra (FEPROHOS), José Manuel Magaz Ledo. Figueroa informou que “a pesar da situación económica actual, o sector do turismo está aguantando ben” ainda que recoñeceu que “temos que facer todavía moito máis desde as administracións e ir sempre da man dos empresarios para conseguir maior unidade e profesionalización do sector”.  Magaz, polo seu lado, indicou que a profesionalización do sector é un factor moi importante e do que se está sacando proveito. Analizou a situación pola que pasan admitindo que "os numeros son moito mellores do que se agardaba". Sinalou tamén de que estarán presentes en Santiago durante o ano Xacobeo con varios puntos de información.

No acto participaron periodistas galegos e portugueses ademais de varios representantes dos concellos de Mondariz Balneario, Ponteareas, Arbo e Covelo.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >