Advertisement
Puntogal
A Xunta retira axudas á Asociación de Escritores en Lingua Galega PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 16 de noviembre de 2009

Ana Pontón
Ana Pontón
A voceira de Cultura do Grupo Parlamentario do BNG, Ana Pontón, esixirá explicacións no Parlamento de Galicia pola decisión da Dirección Xeral de Xuventude de retirar as axudas á Asociación de Escritores en Lingua Galega, en concreto para a organización do IV Encontro de Escritores Novos, 'Eu ou Nós'.

Ana Pontón lembrou que desde a primeira edición, esta iniciativa contou co apoio da Xunta por tratarse dun evento que apoia á xente moza a potenciar o seu traballo no campo da literatura. "O trasfondo desta decisión da Dirección Xeral de Cultura é unha mostra máis da falta de apoio do Goberno do PP á mocidade e de penalización da xente que está apostando pola literatura en lingua galega", agregou a voceira nacionalista.

Ademais, a deputada sinalou que o BNG vai a pedir na Cámara autonómica que o Goberno de Feijoó se explique por "este comportamento sectario", dixo, en contra dos novos escritores e escritoras en lingua galega.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >