Advertisement
Puntogal
A Xunta fomenta o espírito emprendedor de galegos e portugueses a través do programa Espazo Xuvenil PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 13 de noviembre de 2009

Ovidio Rodeiro
Ovidio Rodeiro
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, en colaboración co Instituto Portugués da Mocidade, aposta polo fomento do espírito emprendedor dos mozos da rexión transfronteiriza de Galicia e Portugal, a través do proxecto 'Un Espazo Novo na Axenda de Lisboa' (Espazo Xuvenil).

A iniciativa, na que tamén colaboran a Confederación de Empresarios e a Cámara de Comercio de Santiago, intenta fortalecer e educar mozos de entre 16 e 30 anos a través dun programa de actividades de formación na xestión de empresas e ideas empresariais que dará comezo o vindeiro luns. "Nestes tempos de crise económica todos temos que pór o noso empeño para superar esta situación a través de accións que fortalezan as posibilidades de progreso dáanosa mocidade", asegurou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.

O programa recolle para o próximo luns o visionado da obra teatral "O Emprendedor", na que se recoñece a figura do emprendedor. Ofrecerase na Casa da Cultura de Verín, ás sete da tarde. A obra volverase a proxectar o martes, no salón de actos do EGAP, en Santiago, a partir das doce da mañá.

A casa da Xuventude de Tui e o Edificio da Administración da Xunta de Pontevedra acollerán, o mércores e o xoves, respectivamente, a celebración do taller 'Aplicacións prácticas non contexto galego do programa cultura 2007-2013 da UE'.

O 23 en Tui e o 24 en Verín, celebrarase un seminario co que se intenta incentivar aos máis mozos para que se sentan capacitados.

Pola súa banda, o congreso,'Teño unha idea, por onde empezo?', o 25 en Lugo e o 26, na Coruña, buscará dotar ás persoas con predisposición a ter unha idea de negocio.

Por último, o 30 de novembro e o 3 de decembro, en Ourense e Vigo, respectivamente, impartirase o curso 'Da Idea á Empresa', para coñecer as ideas básicas na elaboración dun plan de empresa.

Cultura empresarial

Todas estas actividades pretenden fomentar a cultura empresarial entre a mocidade e asentar a súa residencia na bisbarra onde naceron. Desde as entidades colaboradoras solicitouse tamén a integración do espírito empresarial na formación regrada. Xa que, segundo Marta Amate, responsable da Confederación de Empresarios de Santiago, "canto máis elevado é o índice emprendedor, máis sólido e máis dinámico é o seu mercado e como extensión a sociedade na que se inscribe", asegurou.

Dado este factor de relevancia e tendo en conta que os galegos son emprendedores por natureza, e que a crise non minguou excesivamente este espírito, é necesaria "unha maior formación no espírito empresarial", segundo manifestaron membros das entidades colaboradoras no proxecto.

Así, "son necesarias medidas incentivas, avaliar a capacidade das propostas e capacitar aos emprendedores nos coñecementos básicos para pór en marcha unha iniciativa empresarial e evitar, desta maneira, o peche das novas empresas", afirmou Ovidio Rodeiro.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >