Advertisement
Puntogal
Varela non entende as críticas ao reparto do financiamento aos aeroportos, que ve 'obxectivo' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 13 de noviembre de 2009

Roberto Varela
Roberto Varela
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, asegurou "non entender" as críticas do alcalde da Coruña ante o reparto do financiamento para os aeroportos galegos de cara ao ano 2010, presentado no Consello da Xunta, e afirmou que o método empregado é "obxectivo" e "igualitario".

Neste sentido, aclarou que para a determinación de fondos para os aeroportos de Santiago, Vigo e A Coruña empregáronse "criterios igualitarios", como a poboación, a facturación empresarial e o peso do turismo.

"Dese cálculo saíron cantidades bastantes igualadas", indicou Roberto Varela, que cualificou as diferenzas de asignación de "practicamente inexistentes". "Cunha diferenza de 160.000 euros ninguén vai a contratar unha nova liña", sentenciou.

Así, o conselleiro considerou que as críticas "non están xustificadas" xa que "nunca ata agora a Xunta achegou tanto para o financiamento de liñas de baixo custo", un reparto que creu "igualitario" e do que excluíu a achega de 500.000 euros que Lavacolla recibirá por parte do Xacobeo.

A Xunta investirá no 2010 un total de 4,5 millóns no financiamento de convenios de patrocinio publicitario con liñas aéreas de baixo custo entre os tres aeroportos galegos, dos que Lavacolla recibirá 1,37 millóns--ademais de 500.000 euros da S.A. de Xestión do Xacobeo--, Peinador gozará de 1,39 millóns e Alvedro contará con 1,23 millóns.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior