Advertisement
Puntogal
O artesán galego Ricardo Antelo Parga obtén o Premio Innova 2009 PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 13 de noviembre de 2009

Balaustrada obra do taller de Ricardo Antelo
Balaustrada obra do taller de Ricardo Antelo
O taller galego de cantería Ricardo Antelo Parga foi galardoado co Premio Innova 2009, dentro da cuarta edición dos Premios Estatais de Artesanía. Ademais, o taller foi finalista do Premio Produto pola obra 'Do Gozo'.

Promovidos pola fundación Española para a Innovación da Artesanía (Fundesarte) e convocados polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, os Premios Estatais de Artesanía teñen como finalidade dar recoñecemento institucional a aquelas actuacións recoñecidas xeralmente como excelentes e exemplares no campo da artesanía contemporánea.

Coa concesión do Premio Innova recoñécese a aposta decidida do artesán Ricardo Antelo pola innovación na artesanía mediante a reinterpretación innovadora de produtos tradicionais. Con 'Do Gozo', a obra galardoada, o artesán coruñés propón novos usos dos obxectos-escultura e unha nova forma de entender a paisaxe e o mobiliario urbano.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >