|
Lores acusa ao PP de malgastar os millóns investidos en Montecelo ao apostar por un novo hospital |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
viernes, 13 de noviembre de 2009 |
 Fernández Lores e Pilar Farjas durante unha reunión O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, acusou ao Partido Popular de malgastar os 50 millóns de euros investidos nos últimos anos na mellora do actual hospital de Montecelo e apostar por un novo plan sectorial que comporta a construción dun novo hospital en Monte Carrasco, na parroquia pontevedresa de Marcón.
Neste sentido sinalou que "se van a deixar sen uso" os 50 millóns de euros investidos en Montecelo, despois de que os pacientes e o persoal "soportasen obras e obras", indicou. "Agora resulta que iso non vale para nada e tirámolo", engadiu Fernández Lores, quen afirmou que con eses 50 millóns de euros "xa teriamos medio hospital feito". O rexedor capitalino lembrou que "fai seis ou sete anos" o Concello de Pontevedra apostaba pola construción dun novo hospital, "e foi o goberno o PP quen dixo que non, apostando pola amplicación de Montecelo que despois continuou o bipartito", polo que na súa opinión "sería como volver a empezar", e perder ademais os 30 millóns de euros "que estaban orzamentados nos dous próximos anos para Montecelo", argumentou. "Non sei se de aquí ás eleccións municipais daralles tempo a facer unha postal de nadal ou unha maqueta, porque máis que iso, nada", ironizou o alcalde de Pontevedra, quen ademais criticou que este proxecto suporá "unha privatización descarada e descarnada da sanidade pública".
Trackback(0)
|