Advertisement
Puntogal
Pilar Farjas destaca que o novo hospital de Pontevedra contará con 723 camas e 20 quirófanos PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 13 de noviembre de 2009

Actual hospital en Montecelo
Actual hospital en Montecelo
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, presentou en Pontevedra o plan funcional do novo hospital único de Pontevedra, aprobado na reunión semanal do Consello da Xunta, e do que destacou especialmente que se aumenta en 82 o número de camas, ata as 723, e de quirófanos a 20. Ademais, dixo que se mantén a situación escollida en Monte Carrasco, na parroquia pontevedresa de Marcón, ao entender que reúne mellores condicións que o seu actual emprazamento en Montecelo.

Nunha roda de prensa celebrada no recente inaugurado Centro de Saúde da Parda, Pilar Farjas explicou que este hospital, que dará asistencia aos municipios de Pontevedra e o seu contorno, será "un hospital único, sostible, ecolóxico e humanizado", e nel farase segundo a conselleira "un forte aposta" pola tecnoloxía diagnóstica e terapéutica e polo dimensionamiento da área de urxencias e do bloque cirúrxico.

Con este proxecto indicou a titular de Sanidade que se abandona a idea de reampliación das instalacións xa existentes e óptase pola creación dun novo edificio para afrontar as demandas asistencias da poboación, apostando desta maneira por unha estrutura sanitaria de vangarda que dea unha solución definitiva aos múltiples proxectos construídos e modificados ata agora". Así mesmo, reiterou en varias ocasións que a súa xestión será "cen por cen pública", dixo.

Execución máis rápida

A conselleira sinalou que está previsto que nas próximas semanas o Consello da Xunta aprobe o inicio da declaración do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e insistiu en que os prazos de execución para a súa construción "serán sempre inferiores aos previstos para a modificación, 66 meses", defendendo a súa situación en Monte Carrasco "porque resulta a máis axeitada debido á súa localización e á súa topografía", indicou.

Pilar Farjas lembrou que a Consellería descartou no seu momento o proxecto deseñado polo bipartito para ampliar o actual Hospital de Montecelo, ao constatar que presentaba numerosas deficiencias, como un deseño ríxido, sen posibilidades de mellora e ampliación e que facía necesaria unha demolición previa, mostraba problemas de construción, imposibilitaba unha formulación funcional idónea e contaba con limitacións derivadas dos problemas de acceso.

Para a súa construción, o anteproxecto dos orzamentos recolle unha reserva de crédito dun millón de euros para continuar avanzando no proxecto do novo hospital o ano que vén, un investimento que permitirá iniciar a licitación do proxecto arquitectónico básico.

Canto á a súa carteira de servizos, contará cunha unidade de urxencias "ben dimensionada" e cos últimos avances en tecnoloxía diagnóstica e terapéutica, entre os que destacan os servizos de hemodinámica, unidade coronaria, medicina nuclear, cirurxía maxilofacial, radioterapia e UCI neonatal e pediátrica, e o edificio "deseñarase con visión de futuro, e capacidade de expansión e crecemento harmónico", destacou a conselleira, que avanzou que máis do 65% de súas habitaciones serán individuais.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
Seguinte >