Advertisement
Puntogal
Adega afirma que 10.000 toneladas de residuos do Prestige están sen tratar PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 12 de noviembre de 2009

Voluntarios limpando o chapapote
Voluntarios limpando o chapapote
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) afirmou que 10.000 toneladas dos residuos recollidos tras o accidente do Prestige nas costas galegas continúan aínda "acumulados" na planta de Sogarisa, nas Somozas, sen ser tratados e alertou de que tras a catástrofe provocada fai sete anos polo petroleiro, as rías "cada vez producen menos".

O secretario executivo de Adega, Fins Eirexas, asegurou que das 80.000 toneladas de residuos inicialmente destinadas ás Somozas, na actualidade permanecen 10.000 "acumuladas" en "balsas improvisadas nun primeiro momento" e "sine die", esperando a ser tratadas.

Aínda que Eirexas confiou en que este fuel permaneza "nas condicións axeitadas", indicou que a premisa inicial de ser "tratados rapidamente" non se cumpriu e "a día de hoxe permanecen amontoados" na planta mentres "Xunta e Estado pásanse a pelota" sobre o custo desta actuación.

Nesta liña, Eirexas pediu que se lle dea un "final a este tratamento", no que "só se recicla o 3 por cento" dos residuos recollidos, mentres que o restante "hai que desfacerse del mediante incineración ou outros medios porque son residuos tóxicos".

"A Xunta pretende ollar para outro lado e eludir responsabilidades", indicou o secretario executivo de Adega, que acusou o Goberno de alongar o proceso por reclamar fondos ao Estado para o tratamento dos residuos.

Efectos a longo prazo

Cando se cumpre o sétimo aniversario do accidente do Prestige, Fins Eirexas mostrou a súa preocupación polos efectos "crónicos e a longo prazo" da presenza de fuel na costa galega, xa que "estes contaminantes son acumulativos nos organismos vivos" e ao longo da cadea trófica recaen nos consumidores de peixes e mariscos.

Nesta liña, e aínda que asegurou que a "gran capacidade de recuperación da costa galega" provocou que se superase a "fase aguda", Eirexas criticou que "ata agora practicamente non hai feitos estudos serios" sobre os efectos a longo prazo da contaminación do Prestige.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior