Advertisement
Puntogal
O aeroporto de Santiago, único de Galicia que medra en pasaxeiros PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 12 de noviembre de 2009

Xente esperando para o embarque
Xente esperando para o embarque
O aeroporto de Santiago, Lavacolla, foi o único de entre os galegos que experimentou un incremento do número de pasaxeiros en outubro, ao rexistrar 159.902 viaxeiros, un 9,2% máis en relación con fai un ano, e situouse como o terceiro cun maior avance en España, segundo os datos difundidos por Aeroportos Españois e Navegación Aérea (AENA).

Os aeroportos españois recibiron 162,1 millóns de pasaxeiros durante os dez primeiros meses do ano, o que supón un descenso do 9,3% con respecto ao mesmo período do ano anterior. Comparado só o mes de outubro, a caída foi do 2,8%.

Deste xeito, o incremento de pasaxeiros de Lavacolla foi superado, en termos relativos, unicamente polos aeroportos de Reus (un 55,7% máis) e Santander (un 13,5%). Os aeródromos de Vigo--Peinador-- e A Coruña--Alvedro-- rexistraron un descenso no número de viaxeiros, pois reduciuse un 14,8% no primeiro caso e un 1% no segundo.

Segundo os datos de AENA, Peinador contabilizou 90.606 pasaxeiros o pasado mes de outubro. Deles, 90.602 corresponderon a voos comerciais; 84.024 a viaxes estatais e 6.578 a internacionais. Alvedro acadou os 92.702 viaxeiros, dos que 91.543 foron de voos comerciais. Un total de 83.666 fixeron unha ruta estatal e 7.877 unha internacional.

No que fai aos datos do aeroporto compostelán, 159.168 pasaxeiros fórono de voos comerciais, dos que 143.797 eran enlaces nacionais e outros 15.371 eran internacionais.

Operacións en Galicia

En total, os tres aeroportos galegos rexistraron 4.248 operacións en outubro, das que 1.635 corresponderon a Lavacolla (un 8,6% menos); 1.389 a Alvedro (un 3,9% menos); e 1.224 a Peinador (un 17,5% menos).

Nas instalacións compostelás, 1.477 operacións foron comerciais, 1.300 estatais e 147 internacionais. En Alvedro as operacións foron 958 operacións, das que 849 foron dentro de España e 109 a outros países; mentres que en Vigo o total foi de 1.132; das que 906 foron estatais e 226 a internacionais.

No que fai ao transporte de mercadorías, reduciuse a carga en todos os aeroportos galegos. Así, en Santiago transportáronse 166.422 quilos (un 12% menos) e 27.479 de correo. Na Coruña, os quilos foron 19.599 (unha caída do 19%); mentres que en Peinador as mercadorías acadaron os 84.169 quilos (un descenso do 11,9%) e o correo foi de nove quilos.

Trackback(0)
Comentarios (1)Add Comment
0
pois já sabemos o que há que fazer
escrito por unqualquer , noviembre 12, 2009
que se fai quando algo muito grande, que tinha sitio para muita gente, fica sem gente? reduzí-lo, ou tratar de volver trazer gente, va que sim? pois nooooom, o que se fai é fazer que o sítio seja muito mais grande, para ter muito mais sitio sem ussar :S

os três aeroportos a ampliar terminais, quando é claro que coas terminais que têm já é demasiado.....
abuso de envío
vota abaixo
vota arriba
Votos: +0

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy