Advertisement
Puntogal
"A ría non se vende" inicia recurso contra as ampliacións dos peiraos de Bouzas e Areal en Vigo PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 12 de noviembre de 2009

Recheo en Bouzas
Recheo en Bouzas
Poucos días antes da manifestación contra os recheos convocada por “A Ría Non se Vende” para o sábado 14, a rede de colectivos ven de iniciar os trámites pertinentes para a presentación de senllos recursos contencioso-administrativos contra as Resolucións da Autoridade Portuaria de Vigo polas que se autorizan os proxectos de ampliación dos peiraos do Areal, Bouzas e Transatlánticos.

Devanditos contenciosos susténtanse nos fundamentos xurídicos da recentemente coñecida sentenza do Tribunal Supremo na que se declaran ilegais as obras de recheo que se realizaron no Porto de Marín, amparadas nun Plan Especial impugnado. (Sentencia do Recurso de Casación Núm. 33/71/2005 do Tribunal Supremo, do 30 de outubro de 2005)

Na devandita sentenza, que senta xurisprudencia, establécese sen ambaxes, que: “O Plan de Utilización determina a propia creación ou ampliación do porto, precedendo por tanto no tempo ao Plan Especial, de natureza urbanística, no que simplemente se ordean os usos urbanísticos que se imprantarán sobre a superficie do chan portuario.”

Segunto este colectivo no caso do Porto de Vigo é evidente a inexistencia do Plan de Utilización dos Espazos Portuarios da Zona de Servizo do Porto, polo tanto resulta obvio que todas as obras que se pretenden levar a cabo son ilegais. De seguir adiante con elas os responsabeis do Porto —Corina Porro e Luis Lara— estarían incurrindo nun delito de prevaricación.

Resulta tamén evidente que, segundo o dito anteriormente, non cabe argumentar que os proxectos que pretende levar a cabo a Autoridade Portuaria de Vigo están amparados polo Plan Especial de Ordenación do Porto.

Así mesmo, “A Ría Non se Vende” ante o feito de que a construción dos Silos para vehículos que se está executando en Bouzas carece de cobertura legal (por canto o Plano Especial non ten validez, ademais de estarse levando a cabo sen as pertinentes e imprescindibles licenzas a outorgar polo Concello de Vigo) presentou as denuncias correspondentes, que levan tamén á presentación dun recurso contencioso-administrativo.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >