Advertisement
Puntogal
O CGAI rende homenaxe a José Luis Cabo e Chano Piñeiro e dedica un ciclo ao Xacobeo 2010 PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 12 de noviembre de 2009

Chano Piñeiro
Chano Piñeiro
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) renderá nos próximos meses homenaxe a varias personalidades clave na restauración, promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego, como José Luis Cabo ou Chano Piñeiro. Así anunciárono en roda de prensa o director do centro, Guillermo Escrigas, e o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, na presentación dun programa de actividades que inclúe exposicións fotográficas, un ciclo dedicado ao Xacobeo 2010 e proxeccións audiovisuais para persoas de todas as idades.

Como principal novidade, esperan poder inaugurar nas primeiras semanas de decembro ou principios do ano que vén unha mediateca que levará o nome de José Luis Cabo e que permitirá acceso aos investigadores aos máis de 5.000 títulos en DVD dos que dispón o centro. Incorporará, ademais, unha colección de imaxes do NO-DO relacionadas con Galicia, de máis de 30 horas.

"Vai a ser un arquivo de gran importancia histórica", subliñou Cabaleiro, que lembrou o papel fundamental que o ex ministro de Cultura, César Antonio Molina, desempeñou na cesión das imaxes e polo que esperan contar coa súa presenza na inauguración. Sinalou, ademais, que xa existe un acordo coa Universidade de Santiago para contextualizar, documentar e elaborar unha "ambiciosa investigación" sobre todas estas imaxes.

Doutra banda, o CGAI realizará un ciclo dedicado ao Xacobeo 2010, que trasladará a diferentes municipios da comunidade e dúas exposicións fotográficas, en homenaxe a José Luis Cabo e ao mecenas de colección Blanco-Ciceró, con motivo do I Centenario da Exposición rexional de 1909. Actividades que o CGAI compaxinará co seu labor de restauración como depositario do patrimonio fílmico de Galicia. Na actualidade, traballa nas películas “Tranvías da Coruña ”(1926) e “Actos do centenario do nacemento de Rosalía de Castro en Buenos Aires” (1937).

Por último, a filmoteca de Galicia proxecta tamén unha homenaxe á figura do literato e guionista Torrente Ballester, aproveitando o centenario do seu nacemento.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >