|
José Alfredo Bea, novo presidente da FGP |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
miércoles, 11 de noviembre de 2009 |
 José Alfredo Bea José Alfredo Bea García foi elixido polos membros da Federación Galega de Piragüismo presidente do organismo para os vindeiros dez meses no Salón de Actos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra durante a Asemblea Xeral Extraordinaria. O censo electoral, formado por representantes de clubes, deportistas, técnicos e árbitros, deu un total de 53 votos a Bea, 26 ao outro candidato, Santiago César Sanmamed Lora, 1 en branco e tres votantes non exerceron o seu dereito a voto.
Os membros da FGP xuntáronse no CGTD e sobre as 11.10 horas deu comezo o acto. En primeiro lugar, cada candidato ofreceu un breve discurso aos presentes explicando as claves nas que se sustentaría o seu mandato en caso de saír elixido. A continuación, os representantes dos clubes galegos foron exercendo o seu dereito a voto. Tras eles votaron os deportistas, os técnicos e por último os árbitros. Unha vez finalizadas as votacións procedeuse ao reconto das papeletas, nas que os electores mostraron o seu apoio a Alfredo Bea. Coñecido o resultado, os dous candidatos saudáronse deportivamente e Sanmamed felicitou ao novo presidente. Bea dirixiuse ao auditorio cun contundente “grazas polo voso apoio e agardo non fallarvos. De agora en diante imos falar só de piragüismo”. Ademais, quedou aberto o prazo para a presentación de reclamacións fronte aos resultados da elección a presidente. O 3 de novembro finalizou o periodo de reclamacións e proclamouse a Alfredo Bea como presidente da FGP. O resultado remitirase á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e se producirá a disolución da Xunta Electoral. Declaracións Tras o acto, Bea mostrouse satisfeito de que “o piragüismo galego confiase en min para levar o timón da nosa Federación para intentar conseguir os mellores resultados posibles”.
Trackback(0)
|