Advertisement
Puntogal
Unha esquerda real realizable é posible? PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 11 de noviembre de 2009

Nas últimas eleccións xerais en Portugal e Alemaña, aos socialistas, ou máis ben aos socialdemocratas desas nacións, nacéronlle unhas protuberancias moi molestas, en forma de Bloco de Esquerda e de A Esquerda (Die Link). Tanto, que lles fixéron perder abundante electorado que recuperaban, en gran parte, estes partidos  cunhas alternativas realmente de esquerdas, como non ocultan os seus propios nomes. A pesar da súa xuventude, estas  formacións,  irrompen nunha bipolarización estabilizada nas democracias  occidentais entre uns partidos semellantes na súa incapacidade de dar resposta ás desigualdades sociais que se acrecentan no seus Estados, máis aínda nunha situación de crise como a que vivimos.

Pode que sexa precisamente a crise quen alimente  iniciativas políticas máis radicais, por outra parte de signo ben diferente pois tamén, aínda que por razóns moi distintas e distantes, avanzan as de extrema dereita , e que as augas volvan ao rego unha vez superada. Pero as perspectivas non son nada favorables a que iso ocorra diante da cerrazón do capitalismo a non dar nen un paso atrás, tal como se viu na última reunión do G-20. De xeito que, ao contrario, A Esquerda e o Bloco de Esquerdas, que avanzan en cada contenda electoral, poden conseguir longa vida e converterse nun referente a seguir noutros países, cando os partidos socialistas clásicos, integrados totalmente no sistema capitalista dominante, apenas se diferencian da dereita máis alá de cuestións que en nada afectan ao seu funcionamento. A editorial d'A Peneira  lembrábanos fai pouco, citando ao “Viejo Topo” que socialistas e conservadores no parlamento europeo nos últimos cinco anos coincidiron practicamente nun  68 % de votacións, ou dito ao revés, discreparon unicamente nun 32 % delas. Supoño que un partido realmente de esquerdas disentiría da dereita ao menos en máis dun 50 %, digo eu.

Este feito ou fenómeno, que está ocorrendo en Portugal e Alemaña representan, ao menos, unha esperanza para a esquerda consecuente, e unha chamada á reflexión sobre as súas posibilidades de realización na Europa, é dicir da capacidade de influír decisivamente nun cambio nas reglas de xogo impostas polo capitalismo depredador dominante.Considerando, ademais, o medre  comunista e ecoloxista que se engade ao avance destes partidos. Así, en Portugal gaña votos e un deputado o PCP aliado cos verdes, e en Alemaña A Esquerda  tamén o fai cos membros da antiga RDA á vez que soben os verdes. Deste xeito, temos que no caso de Portugal, entre Bloco, PCP e Verdes acollen a un 18 % do electorado, mentres que en Alemaña sumando os votos da Esquerda e dos Verdes conseguen o 23 %, igualando aos socialdemócratas.

Ollamos, pois, que nestes países unha esquerda cun compoñente anticapitalista e sustentabel comeza abrirse  paso entre os dous grandes partidos de alternancia tradicional, aínda que sexa a cotenadas e con todas as dificultades adherentes a quen ousa enfrontarse á centralidade bipolar do sistema, como nos recorda nun artigo o lider do Bloco de Esquerda, Francisco Louça, “a elite dominante usou todos os meios contra o Bloco e nao vai parar”. Para logo estenderse na denuncia do “mais consistente ataque de ódio de que ha memoria em Portugal nos últimos anos” contra a súa formación, por parte de medios de comunicación escritos e televisados, de propios membros do goberno, de socialistas e conservadores. Incluso aturaron ameazas de procesos xudiciais, e directores de xornais fixeron chamadas desesperadas contra o Bloco.  A alguén lle sona isto en relación ás últimas eleccións autonómicas de Galiza? Pero a pesar do “vale tudo” o Bloco portugués duplicou os deputados dos últimos comicios do ano 2005, mentres que o Bloque galego perdeu un deputado dos conseguidos aquel mesmo ano (a pesar de estar no poder), no que disminuira xa en catro os deputados das autonómicas do 2001. Velaí a diferenza e a necesaria reflexión tamén no nacionalismo galego.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >