Advertisement
Puntogal
Sigamos sendo pragmáticos PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Guillermo Rodríguez   
miércoles, 11 de noviembre de 2009

Vivimos nun mundo onde as contradicións están á orde do día. Din que imos progresando, que os avances científicos nos van facilitar a vida, sen embargo logo atopámonos que eses mesmos avances científicos serven para que as multinacionais (que son as que mandan neste puñetero mundo, non teñan a menor dúbida) se encarguen de apropiarse deses avances para levar a auga á súa canle, que endexamais vai coincidir coa nosa.

A proba máis recente témola coa vacina contra a xa famosa Gripe A. Segundo informes de varias fontes, a empresa que dispón desa vacina foi a mesma que provocou a alarma sobre unha suposta pandemia  presentando con trampa a valoración médica que ía de 0 a 6 ( un nivel 6 sería pandemia) informando que a situación estaba en nivel 5; claro que non dixo que esa forma de baremo fora cambiada e agora ía de 0 a 10, o que significa que o nivel cinco non ten a valoración que lles interesaba dar. A venda de millóns de vacinas a partires de asustar aos gobernos de tódolos países xa estaba asegurada. Por outra banda, diversos países están sufrindo desbordamentos de auga que causan múltiples estragos en vivendas e terreos de labor; sen embargo, un informe feito por 2.700 científicos asegura que no 2025 , debido ao quentamento global, non terán acceso a auga máis de 3.000 millóns de seres humanos. Que se está a facer para paliar este futuro desastre? Mentres nós andamos apurados para encher o depósito dos automóbiles, cada día máis caro, as empresas petroleiras seguen gañando cartos a moreas. A Royal Dutch Shell (anglo-holandesa) tivo en 2008 uns beneficios de 26.000 millóns de dólares. A Exxon Móvil (petroleira USA) gañou 45.000 millóns. A británica BP gañou 21.000 millóns, e así ata o infinito. Un dato moi curioso. A inspección fiscal española, en 2008,  descubriulle aos pequenos contribuíntes 4 millóns de euros; aos grandes capitais 125.000 euros. Qué listos son, non si? E con todo isto, o orzamento militar dos países da OTAN segue crecendo; deben prever algún tipo de guerra fría ou quente, que máis dá. Respecto ao total mundial, en 1985 representaba o 45%, logo en 1995 xa era do 58% e finalmente en 2008 representa o 70% do total mundial; segue nunha progresión semellante a como aumenta a fame no mundo; curioso.. Non lles vou dar máis a vara, pero ás veces faise preciso que saibamos como gastan os nosos impostos estes señores que din estar traballando polo noso benestar.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >