Advertisement
Puntogal
MáisBNG non aspira a substituír a hexemonía da UPG, e busca un programa común nun Bloque 'plural' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 11 de noviembre de 2009

Carlos Aymerich e Teresa Táboas
Carlos Aymerich e Teresa Táboas
A corrente que lideran Carlos Aymerich--voceiro do grupo parlamentario nacionalista-- e Teresa Táboas--ex conselleira e actual deputada--, +BNG, asegura que a súa constitución no seo do Bloque non pretende substituír a hexemonía coa que funcionou ata agora esta formación, senón que o seu obxectivo é forxar un "programa político común" partindo da pluralidade da fronte.

Nas teses que someterá a debate +BNG o vindeiro 21 de novembro, esta corrente constata que "malia estar definido como unha fronte", o BNG "funcionou en gran medida mediante a aplicación da hexemonía dun grupo sobre un conxunto", en referencia velada á UPG, que segue ostentando o maior número de membros na Executiva do Bloque--tras incorporar na súa lista a un integrante de Movemento Galego ao Socialismo-- e no Consello Nacional.

"MáisBNG non pretende substituír unha hexemonía por outra diferente. Pola contra, aspiramos a que todos gocen dos mesmos dereitos, deberes e posibilidades", recolle o relatorio político desta corrente, que recalca que "o respecto á pluralidade é e debe ser unha dos sinais de identidade".

Sen embargo, advirte de que esta característica non debe impedir que a sociedade perciba ao Bloque como un "proxecto político" único, para o que é "imprescindible dotalo dun programa político común". Acerca deste punto, os seguidores deste movemento ven como unha "carencia" o feito de que "ata agora, a elaboración ideolóxica e programática do BNG non foi común a todos os sectores, nin moito menos completa".

Así mesmo, conclúe que unha das evidencias ""do paso polos gobernos do BNG é a "frustración en parte da militancia, derivada de que moitas das proclamas, das propostas fortes, eran irrealizables ou inaplicables". A este respecto, a corrente defende "esforzarse para concretar" o programa en "propostas realizables", o que "axudará a mellorar a comunicación e transparencia cara á sociedade, ao eliminar ambigüidades sobre posibles 'programas ocultos'".

Organización interna

Estas constitúen algunhas das teses coas que MáisBNG, que naceu en forma de plataforma para a asemblea nacional extraordinaria de maio deste ano, someterá a debate e votación o sábado 21, do que sairá unha corrente cunha estrutura organizativa similar á que opera na súa formación matriz. Esta corrente conta cos apoios de Espazo Socialista Galego, Esquerda Nacionalista, Inzar e Partido Nacionalista Galego.

Polo tanto, contará cunha Conferencia Nacional, que será o máximo órgano de decisión e estará composta por todos os membros de MáisBNG, de maneira que se reunirá de forma ordinaria cada dous anos e terá a misión de elixir aos 15 membros da Xunta de Coordinación Nacional e da Comisión Permanente Nacional.

Isto é, a conferencia será o equivalente á Asemblea Nacional do BNG, mentres que a Xunta de Coordinación aseméllase ao Consello Nacional e estará formada por 15 membros elixidos na conferencia e os coordinadores comarcais. Pola súa banda, a Comisión Permanente correspóndese coa Executiva e estará integrada polos mesmos 15 membros elixidos na conferencia.

O cargo que se corresponde co líder é, no caso desta corrente, o de coordinador xeral. Así, o coordinador xeral sairá elixido na Conferencia Nacional unha vez que a candidatura que encabece (con 15 membros) obteña o maior número de votos.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
Seguinte >