 Corina Porro A presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, asegurou que polos seus máis de 15 quilómetros de peiraos saen o 45 por cento das vendas ao exterior de todo o noroeste peninsular “o que converteu a Pontevedra na cuarta provincia exportadora de España”, e ao porto de Vigo no primeiro porto mundial en capturas de peixe para consumo humano, o cuarto no tráfico ro-ro e o terceiro do Estado en recepción de turistas “cun incremento de máis do 40% en escalas de cruceiros, que o ano pasado superaron as 400.000 persoas, máis que a poboación da cidade ”.
A presidenta da Autoridade portuaria de Vigo, Corina Porro, foi unha das vítimas da saturación da Ponte de Rande, que dá entrada á cidade, e por iso a súa intervención no Fórum Europa, Tribuna de Galicia, atrasouse máis do esperado. A presentación da súa intervención correu a cargo do conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra, quen empezou a súa carreira política da man de Porro, no Concello de Vigo. Liderado Corina Porro empezou a súa intervención lembrando que só fai 6 meses que accedeu ao seu cargo e fíxoo coa convición de que debía pilotar “a xestión dun dos motores económicos de Galicia”. Indicou que o Porto de Vigo está situado na ruta dos grandes tránsitos comerciais, Estados Unidos, Norte de Europa, as Illas Británicas, e que polas súas características “é un porto abrigado, que permite as entradas de toda clase de buques, desde pesqueiros, pasando por portacontedores, cargueiros ou transatlánticos e que por iso converteuse en estratéxico para a economía e o comercio español e europeo”. Porro enfatizou que as máis de 5 millóns de toneladas de mercadorías que se descargaron no 2008, superan os 15.000 millóns de euros en valor industrial, o que demostra que “non só evolucionamos, senón que estamos obrigados a saber e realizar unha xestión que se adapte a unha economía globalizada e tamén a unha época de crise”, algo que, senón se fai, implicará a seu entender, que, primeiro limitaranse as posibilidades de desenvolvemento do Puerto, despois as da cidade, que grazas ao pulo da industria marítima foi a urbe europea que máis medrou nos últimos cen anos, pasando dunha poboación de apenas 35.000 habitantes, en 1908 aos 300.000 que ten na actualidade; e por último as de Galicia, onde a riqueza xerada polo mar representa xa máis dunha cuarta parte de todo o seu Produto Interior Bruto e en ámbitos tan dispares como a pesca, fresca e de tratamento de peixe conxelado, transporte de vehículos, trasfega de carga, desde madeira a produtos tecnolóxicos, alimentación, cemento ou téxtiles.
Trackback(0)
|