|
A editorial Xerais súmase ao libro electrónico con Suso de Toro e Diego Ameixeiras como protagonista |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
miércoles, 11 de noviembre de 2009 |
 Capas de 'Sete palabras' e 'Dime algo sucio' A editorial galega Xerais puxo á venda os seus dous primeiros libros electrónicos (e-books) participando así nun dos hábitos de consumo en auxe, a compra a través de internet. 'Sete palabras' de Suso de Toro, e 'Dime algo sucio', escrito por Diego Ameixeiras, publicaranse de xeito simultáneo na súa versión impresa e electrónica.Portadas de 'Sete palabras' e 'Dime algo sucio'
Segundo Celia Torres, directora de Promoción e Prensa de Xerais Galicia, o lanzamento simultáneo de dúas novidades literarias en formato impreso e electrónico constitúe "un feito inédito na historia da edición galega e moi pouco frecuente na edición internacional". Os e-books de Xerais poden ser adquiridos desde Todoebook e nas librarías electrónicas coas que Todoebook mantén un acordo. A compra de e-books parece gañar cada ano máis adeptos. A comodidade de compra e o abaratamiento derivado do notable aforro en custos de distribución e loxística perfílanse como factores decisivos no auxe deste xeito de consumo.
Trackback(0)
|