Advertisement
Puntogal
O orzamento municipal do Concello da Coruña para o ano 2010 acadará os 210,7 millóns de euros PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 10 de noviembre de 2009

Carme Marón
Carme Marón
A tenente de alcalde do Concello da Coruña responsable da área de Facenda, Carmen Marón, anunciou que o orzamento municipal para o próximo ano acadará os 210,7 millóns de euros. Nun comunicado, afirmou que son unhas contas "realistas, marcadas pola austeridade ", que priorizan tres eixes fundamentais: garantir a calidade dos servizos municipais, potenciar o gasto social e educativo e manter o ritmo investidor na cidade.

A concelleira sinalou que o orzamento de 2010, que se levará á xunta de goberno o venres día 13, reflexa unha facenda municipal "saneada e forte, que pese á conxuntura económica é capaz de facer fronte ás súas obrigas e responder ás demandas e prioridades dos coruñeses ", indicou.

Remarcou ademais que trátase dunhas contas "marcadas polo equilibrio e a estabilidade financeira", malia que o orzamento supón un descenso do 4,34% con respecto ao do curso actual. A rebaixa débese, segundo explicou o concello, á baixada dos ingresos procedentes do Estado, que experimentaron unha caída dun 17,9%. Segundo Marón, as cifras demostran a "fortaleza" da facenda municipal, capaz de "compensar" cos seus ingresos 14 puntos.

No que fai ao Orzamento Consolidado, que inclúe as contas do IMCE, Emalcsa e Emvsa, acadará os 236.000.174,76 euros, o que supón un descenso do 3,39% con respecto ao actual exercicio.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >