|
O Xacobeo Galicia pechou a tempada gañando por equipos o Campionato ACP |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
lunes, 09 de noviembre de 2009 |
 O Xacobeo durante a contrarreloxo O Xacobeo Galicia pechou a tempada gañando a contrarreloxo por equipos do Campionato da Asociación de Equipos profesionais, celebrado na localidade leonesa de San Andrés de Rabanedo. Foi precisamente a contrarreloxo por equipos a proba encargada de iniciar a décimo sexta edición do Campionato ACP, que se disputou en varias series con saídas de meta e contrameta. Cada formación estaba composta por tres corredores.
O Xacobeo Galicia formou con Gustavo C. Veloso, Carlos Castaño e David Herrero, tocándolle medirse en primeira instancia co Astana. Os dous equipos con mellores tempos de todas as series disputaban unha final, e estes foron o Xacobeo Galicia e o Caisse D`Epargne. Resultando gañador o primeiro. As outras dúas carreiras do programa foron gañadas por Carlos Sastre (Cervelo) e Samuel Sánchez (Euskaltel - Euskadi), con vitoria na xeral final para o abulense. Nestas dúas mangas o Xacobeo Galicia contou tamén co concurso de Gustavo Domínguez. O XVI Campionato da Asociación de Ciclistas Profesionais tributou homenaxe a Federico Martín Bahamontes, primeiro español gañador do Tour de Francia, e constituíu o último compromiso para os ciclistas Xacobeo Galicia dunha tempada que estivo marcada no plano colectivo polo triunfo por equipos na Volta a España e a participación no Giro do Centenario.
Trackback(0)
|