Advertisement
Puntogal
O novo modelo de financiamento ampliará as competencias das autonomías en materia de IRPF PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 06 de noviembre de 2009

Jesús Gascón
Jesús Gascón
As comunidades autónomas verán "significativamente ampliadas" as súas competencias normativas en materia de IRPF cando se aprobe o modelo de financiamento que se está tramitando no Congreso dos Deputados. Así o avanzou na Coruña o director xeral de Tributos, Jesús Gascón, na conferencia inaugural do VIII Congreso Nacional do Rexistro de Economistas e Asesores Fiscais (REAF).

Na actualidade, as comunidades teñen competencia no IRPF para modificar a tarifa e para aprobar deducións autonómicas, pero no futuro poderán ademais modificar o mínimo persoal e familiar dos contribuíntes do seu territorio dentro dunha pinza marcada pola lei.

Doutra banda, poderán tamén cambiar a estrutura da tarifa e "establecer dous, tres, catro ou cinco tramos, os que consideren oportunos", que non estarán vinculados polos que marque o Estado nin polos límites de renda que determinan a aplicación.

Deste xeito, van a ter unha capacidade normativa moito máis ampla que pode determinar que o imposto sobre a renda autonómico "sexa moito máis alto ou máis baixo do que é agora", subliñou Gascón.

Esta ampliación da competencia normativa producirase cando se aprobe o modelo de financiamento, que segundo o director de Tributos "é inminente". Éstáse tramitando nestes momentos no Congreso dos Deputados, polo que o exercicio 2010 podería xa verse afectado, aínda que é posible que por razóns de seguridade xurídica se atrase o efecto das normas para o ano seguinte.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >