Advertisement
Puntogal
O reitor da Universidade de Vigo destaca as tres titulacións en exclusiva do campus de Ourense PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 05 de noviembre de 2009

Alberto Gago
Alberto Gago
O reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, asegurou que o feito de que o campus de Ourense vaia a contar con tres titulacións en exclusiva abre un escenario “novo, ilusionante e distinto” para a cidade no ámbito universitario. Porén, recalcou que o futuro do Campus “non está garantido” senón que hai que seguir traballando.

Gago valorou os últimos acordos acadados polo Consello de Universidades e destacou que o cambio normativo “onde se pedía unanimidade agora se pide maioría” permite “acadar os acordos” porque “non casaba a normativa anterior cos usos actuais” e “todos eramos conscientes de que ou cambiabamos isto ou non había forma de progresar”, dixo.

O reitor da Universidade de Vigo sinalou que os acordos acadados no campus de Ourense supuxeron a aprobación da substitución “de Físicas por Ciencias Ambientais” así como a “transformación do ADE polo título de Consultoría e Xestión da Información” que “non tropeza con ningunha outra proposta de transformación no sistema universitario de Galicia” polo que a titulación é “exclusiva”, engadiu.

Na mesma liña, destacou que a transformación en Lugo da titulación de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos en Nutrición “significa tamén para Ourense que se queda con Tecnoloxía dos Alimentos como titulación exclusiva do sistema ”.

O reitor da Universidade de Vigo manifestou que o resultado é “satisfactorio” porque o Consello Galego “asume as propostas que presentou esta Universidade” pero en particular para o Campus de Ourense “o resultado é un pouco máis satisfactorio aínda” porque supón “pasar de non ter ningunha titulación exclusiva en Galicia a ter tres”, manifestou.

Para Alberto Gago, que o Campus de Ourense conte en exclusiva coas titulacións de Ciencias Ambientais, Consultoría e Xestión da Información e Ciencia Tecnoloxía dos Alimentos é “unha condición fundamental para o futuro de calquera Campus periférico”, sinalou.

Ademais, considera que se pasan todos os procesos burocráticos durante os meses vindeiros, as tres titulacións estarán operativas o próximo curso 2010.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >