Advertisement
Puntogal
O Concello de Pontevedra ten iniciadas o 60% da obras do seu plan de barrios PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 05 de noviembre de 2009

César Mosquera
César Mosquera
O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera solicitou comparecer no próximo pleno da corporación municipal para dar conta da situación do Plan de barrios, e que segundo adiantou está iniciado en seu 60 por cento, xa que do total de investimentos, que era de 265 millóns de euros, xa están consignados case 150 millóns, o que permite que "na cidade se inicie unha obra cada día laborable"

César Mosquera lembrou que o pasado 17 de decembro de 2008, o Pleno da Corporación aprobaba este plan de actuacións e melloras nos barrios, unha proposta bianual (2009-2010) e que recollía unha serie de actuacións das que 43 dependían do Concello (37 están iniciadas), 12 da administración central (6 están iniciadas), e 19 da Xunta de Galicia (6 están iniciadas).

Sobre este último dato, o concelleiro nacionalista quixo matizar que das 6 obras iniciada en Pontevedra pola administración autonómica "ningunha foi despois de abril deste ano. É dicir, non se iniciou ningunha coa nova Xunta, máis ben ao contrario, algunha destas seis parouse".

"Aínda que o máis normal é que as segundas anualidades sexan as máis investidoras neste tipo de plans, o investimento feito neste ano supón o maior esforzo investidor da historia de Pontevedra nos barrios", afirmou Mosquera, aínda que apuntou que "hai dúas patas que están a faiar", a Xunta de Galicia e a iniciativa privada, "que a consecuencia da crise está a atrasar a posta a disposición de zonas urbanizadas".

Con respecto á Xunta de Galicia, César Mosquera asegurou que a día de hoxe descoñécese o futuro de proxectos como a urbanización da PO-531, a reurbanización do campus universitario, o estacionamento de Valdecorvos, a urbanización da estrada a Pontecaldelas, a construción do Colexio de Valdecorvos ou o proxecto de reforma das Corbaceiras.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >