|
Xulio Fdez Gayoso di que `non pode falar´sobre outra alternativa á fusión con Caixagalicia |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
jueves, 05 de noviembre de 2009 |
 Xulio Fernandez Gayoso "Témome que si". Son palabras do presidente de Caixanova, Xulio Fernández Gayoso, para asegurar que haberá que "esperar moito" para coñecer o desenlace final sobre o destino das caixas de aforro de Galicia. O líder da entidade financeira acudiu a Santiago. Alí asinou un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para a rehabilitación do Colexio Fonseca, onde se instalará o Museo da Universidade de Santiago.
Xulio Fernández Gayoso, ao que acompañou o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, foi parco en palabras. "Non vou a opinar sobre iso", dixo á entrada do Pazo de San Xerome, no Prazo do Obradoiro, e refiéndose ás negociacións sobre o proceso de fusión. "Encantaríame dicirvos outra cousa distinta", dixo dirixíndose aos xornalistas. Busca alternativa a unha posible fusión en Galicia? Xulio Fernández Gayoso tampouco quixo responder á pregunta. "Non podo falar", insistiu. "Hai que esperar". Tras a presentación do convenio para a rehabilitación do Colexio Fonseca, o presidente de Caixanova quiso matizar as súas declaracións. "Ao entrar preguntábanme se isto [o proceso de concentración] vai para curto ou vai para longo, o que quero dicir é que neste momento nós non debemos manifestarnos sobre este tema". Dixo que Caixanova desexa "o mellor para os intereses de Galicia, das familias, dos empresarios, da universidade e de todas as institucións de Galicia". O máximo executivo da caixa con sede en Vigo apuntou que agora "hai que ter discreción e traballar en silencio, como estamos facendo".
Trackback(0)
|