Advertisement
Puntogal
O Museo Provincial de Lugo desenvolverá un programa de actividades culturais destinadas a escolares PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 03 de noviembre de 2009

Antonio Veiga
Antonio Veiga
O delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, presentou no refectorio do Museo Provincial de Lugo o programa de actividades escolares que se desenvolverán neste centro museístico no curso 2009-2010. Debido ao éxito que tiveron en ocasións anteriores, este ano vanse estender durante todo o curso escolar, de outubro a xuño.

O obxectivo é achegar o patrimonio do museo á poboación escolar, sempre dunha maneira lúdica e amena, sen desatender os contidos educativos. Deste xeito, organizaranse seis actividades diferentes. As iniciativas, todas elas pensadas para que os rapaces traballen cos bens patrimoniais e se sensibilicen da importancia dos mesmos, van desde unha sesión de contacontos con obradoiro de debuxo, pintura e teatro a rutas literarias ou visitas guiadas sobre a romanización.

Estas actividades formativas para escolares son totalmente gratuítas e poden participar nelas, previa inscrición, calquera colexio ou grupo de escolares coas idades comprendidas nas orientadas para cada programa.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >