 Varela percorrendo o camiño dende Arzúa A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo publica na súa páxina web as bases do procedemento para o patrocinio de congresos, simposios, encontros, cursos e xornadas, con motivo da celebración do Xacobeo 2010. Este estará revestido cunha partida orzamentaria dun millón de euros.
As solicitudes poderán presentarse ata que se esgote o crédito dispoñible. Os eventos subvencionables poderán proceder tanto de entidades públicas como privadas. Tedrán especial consideración aquelas propostas que supoñan novas aproximacións á temática xacobea e ao fenómeno das peregrinacións, desde calquera das súas múltiples vertentes: espiritual, cultural, relixiosa, patrimonial, medioambiental ou gastronómica. Do mesmo xeito, valoraranse as solicitudes que potencien o carácter desestacionalizado e descentralizado da programación e aqueles congresos, de carácter estatal e internacional, que atraian ata Galicia a expertos e profesionais de recoñecido prestixio e proxección. As solicitudes presentadas deberán estar acompañadas do seu programa provisional, a campaña de promoción, información sobre publicacións previstas, previsión doutros soportes publicitarios, documentación sobre outros colaboradores e importe, ámbito territorial do evento, número e descrición dos asistentes, traxectoria profesional e investigadora dos conferenciantes e relatores e a súa proxección social.
Trackback(0)
|