|
Aymerich avoga por un 'acordo de mínimos' sobre as caixas e por blindar as competencias galegas |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
martes, 03 de noviembre de 2009 |
 Carlos Aymerich O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, avogou de novo por un "acordo de mínimos" sobre ou futuro mapa das caixas galegas que implique manter a súa "galeguidade" e blindar as competencias autonómicas sobre as mesmas. En roda de prensa, Aymerich anunciou que levarán o asunto ao próximo pleno da Cámara en forma de moción, co obxectivo de "saber a que xoga cada quen neste asunto".
"Se alguén foi sempre coherente coa súa postura ese é o BNG", defendeu o voceiro parlamentario nacionalista, que recalcou que o principal obxectivo é evitar que as caixas galegas--Caixa Galicia e Caixanova-- poidan ser absorbidas por entidades foráneas. Para o BNG é moi importante "clarificar" que postura defenderán PP e PSOE en Galicia, en referencia aos posicionamentos de dirixentes estatais de ambas as dúas as dúas formacións--José Blanco e Cristóbal Montoro, en concreto-- nos que se mostraban favorables a fusións interrexionais--o segundo-- ou non o consideraban "tráxico" --o segundo--. En opinión de Aymerich, cómpre que as caixas galegas--sexan unha ou dúas-- continuen sendo galegas e que a porcentaxe de aforro que manexan siga estando dirixida desde Galicia. Doutra banda, defendeu como clave "un tema do que se fala menos pero que para nós é esencial": a reforma da lei de caixas. En relación á reforma lexislativa, o deputado nacionalista defendeuna como fundamental para blindar as competencias, evitar o nepotismo e que o aforro dos galegos vaia a "aventuras especulativas", así como lograr que a obra social sexa de verdade. Carlos Aymerich argumentou tamén que se debe evitar que o debate aberto na actualidade sobre a fusión sirva para encubrir unha privatización, unha conversión en bancos "pola porta de atrás".
Trackback(0)
|