Advertisement
Puntogal
Medio ambiente completa a sinalización da Rede Natura en Tomiño PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 02 de noviembre de 2009

Sinalización da Rede Natura
Sinalización da Rede Natura
A Concellaría de Medio Ambiente,  vén de completar a sinalización na zona da Rede Natura do Concello de Tomiño. Para levar a cabo esta tarefa foron colocados paneis nas parroquias de Forcadela, Carregal, Amorín e Sobrada con información sobre normas de comportamento, características da flora e fauna e peculiaridades de cada entorno.

Esta actuación xunto coa edición de trípticos informativos, que serán distribuídos pola concellaría, supón un investimento de 7000 euros procedentes dunha subvención bianual concedida no ano 2008 pola Consellería de Medio Ambiente.

Segundo Santiago Vergara, responsable da área de Medio Ambiente, con esta acción preténdese por en valor a ribeira do río Miño e resaltar o esforzo que as comunidades de montes e asociacións de veciños están facendo pola conservación e mellora da ribeira, como sucede nos casos das parroquias de Currás e Carregal.

Nesta mesma liña, a concellería ten previsto proceder á instalación de paneis na senda do río Furnia, de xeito que esta sirva como "aula" para coñecer as plantas e animais propios da zona de ribeira.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >