Advertisement
Puntogal
O Xacobeo Galicia garántese a estrutura básica da última tempada PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 02 de noviembre de 2009

O equipo pechou as renovacións.
O equipo pechou as renovacións.
O Xacobeo Galicia pechou nas últimas horas o capítulo de renovacións. Apremaba a chegada do primeiro prazo imposto pola Unión Ciclista Internacional, fixado para o 31 de outubro, no que hai que facilitar unha primeira relación de dez corredores, e todas as posturas acabaron converxendo. Deste xeito o equipo galego conservará a base da estrutura da tempada 2009, que o levou a proclamarse vencedor por equipos na Volta a España.Integrantes do equipo

Con Ezequiel Mosquera, David García e Gustavo C. Veloso fóra das negociacións porque tiñan un ano máis de contrato, o primeiro corredor en renovar foi Gustavo Domínguez. Outras pezas moi importantes no esquema do equipo eran Serafín Martínez e Gonzalo Rabuñal. Corredores que foron crecendo e madurando deportivamente nestes tres anos de existencia do equipo, para na última campaña atreverse xa con dúas grandes: Xiro e Volta.

O corpo técnico tiña tamén un alto interese nos benxamíns da formación: Delio Fernández, Marcos García e Vladimir Isaychev. Cada un deles con armas diferentes, soubo cumprir cos obxectivos que lles marcaron, especialmente nunha carreira tan esixente como o Giro de Italia.

Pecharon o capítulo de renovacións Alberto Fernández e Carlos Castaño. O cántabro tivo unha tempada moi accidentada. Aínda así, conseguiu gañarse un oco para a Volta a España. Non podería concluír a carreira por mor dun cólico nefrítico, pero os seus bos dotes de escalador, mostrados de momento dun xeito intermitente, fan pensar aos técnicos que pode dar moito máis.

Carlos Castaño, pola súa banda, tiña que ser un dos pesos pesados do equipo, pero o 2009 non foi un bo ano para el no deportivo e quedou moi por baixo do nivel que ofrece o seu palmarés. Por idade e condicións, está en disposición de poder render ao mellor nivel, e os técnicos do Xacobeo Galicia confían en que poida demostralo en 2010.

Cumpriuse, xa que logo, o obxectivo de contar con once corredores da pasada tempada: Ezequiel Mosquera, David García, Gustavo C. Veloso, Gustavo Domínguez, Serafín Martínez, Gonzalo Rabuñal, Carlos Castaño, Alberto Fernández, Delio Fernández, Marcos García e Vladimir Isaychev.

A esta relación súmanse os nomes de Gustavo Rodríguez e José Antonio de Segovia, as dúas primeiras incorporacións novas, das que se daba conta a principios de semana. O corpo técnico, baixo ao dirección de Álvaro Pino, traballa na incorporación, en principio, de tres corredores máis, para chegar a unha cifra de dezaseis, que podería ser definitiva, ou incrementarse no caso de que aparecese un novo patrocinador.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >