|
Queremos Galego pide un encontro con Feijóo para falar sobre as medidas de 'involución' lingüística |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
lunes, 02 de noviembre de 2009 |
 Recente manifestación pola lingua A plataforma cidadá Queremos Galego remitiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, unha carta para mostrarlle a súa "disposición" a un encontro no que pretenden trasladar ao mandatario galego seu "inquedanza" polas medidas de "involución do dereito lingüistico" que, asegura, está impulsando o Goberno de forma "unilateral".
Así as cousas, o colectivo insta ao dirixente do Executivo autonómico a "escoitar o clamor social" e "reflexionar" sobre as dúas manifestacións en defensa do galego realizado durante os meses que o PP leva no mandato. A plataforma acusa a Feijóo de impulsar un "proceso de desmantelamento da oficialidade da lingua", e aconséllalle que "deteña a política galegófoba" porque "mingua dereitos e prexudica a convivencia". Queremos Galego, que en actualidade agrupa a 500 entidades de diferentes ámbitos, remitiu a semana pasada unha carta solicitando unha reunión co presidente da Xunta.
Trackback(0)
|