Advertisement
Puntogal
Para Guillerme Vázquez o debate non está en 'caixa do norte e sur' se non en caixas 'galegas ou non' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 02 de noviembre de 2009

Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez
O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez respondeu sobre a posibilidade de que os "localismos" aos que aludía o presidente da Xunta poidan interferir nas decisións de futuro das caixas de aforros de Galicia sinalando que "a cuestión neste momento non é caixa do norte e caixa do sur, o que se está debatindo é: galegas ou non".

O nacionalista insistiu en que a "galeguidade" destas entidades debe ser o "obxectivo" que guíe os "plantexamentos" de calquera formación política sobre o seu futuro, e que outras cuestións alleas a isto "non deberían opacar ou impedir a fin última" de que os centros de decisión financeiros se manteñan dentro da comunidade autónoma.

Para logralo, Guillerme Vázquez ofreceu e defendeu como necesario un "acordo das forzas políticas galegas", dirixido a "blindar" o "futuro" das caixas galegas, que se sustente sobre dúas premisas básicas. A primeira é reter os centros de decisión en Galicia, tomando para iso "todas as medidas que o fagan posible". Entre esas medidas, o nacionalista incluíu a integración de Caixa Galicia e Caixanova nunha única entidade. "Se é necesario para acadar esa fin unha fusión entre elas, que se faga" declarou.

A segunda premisa sería a elaboración dunha nova lei de caixas da comunidade autónoma que dea á Xunta "máis capacidade de decisión" e que permita "unha maior intervención pública na orientación das caixas e do aforro galego". O líder do BNG resaltou que neste tema "nos xogamos moito para o futuro" por tratarse dunha cuestión "estratéxica", especialmente nun momento non que "é obvio que un dous problemas que teñen as empresas e os particulares do noso país é a falla de crédito", indicou.

Vázquez tamén volveu a reclamar do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "tome a iniciativa" no tema das caixas de aforro galego porque, a xuízo do nacionalista, "non é responsable neste momento non pronunciarse ou estar esperando a ver que decisión toma o Banco de España ou os directivos das caixas". "Necesitamos unha posición nacional de país" recalcou, antes de advertir que estamos nunha situación na que "o penedo de absorción por parte de caixas foráneas está enriba da mesa, plantexado en termos políticos e económicos vía FROB--Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria--".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >