Advertisement
Puntogal
15.000 persoas enchen o centro de Vigo contra a privatización do novo hospital PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 30 de octubre de 2009

Manifestación contra a privaticación do novo hospital
Manifestación contra a privaticación do novo hospital
Ás 20:15h do xoves 29 de outubro, partiu dende o cruce de Gran Vía con Urzaiz a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para esixir que o novo hospital de Vigo sexa executado e financiado de forma totalmente pública.  Galería de Imaxes

Mais de 15.000 de persoas que percorreron o traxecto berraron consignas en contra de que a sanidade pública se converta nun negocio. A cidadanía viguesa deixou claro que non quere hipotecar a sanidade pública e que se deteriore a calidade sanitaria dun área que sempre foi esquecida en recursos sanitarios.

"A privatización da xestión do novo hospital significa menos recursos humanos, menos contratacións, máis precariedade de servizos e un empeoramento da asistencia sanitaria porque os beneficios empresariais van primar sobre o interese público. Estes días xogámonos o futuro da sanidade pública. Se non conseguimos pararlle os pes ao PP, privatizará a sanidade pública; logo será demasiado tarde", lembraban os convocantes desta mobilización.

Un non á privatización unánime foi o que ecoou onte nas rúas do centro de Vigo desde que comezara o percorrido da mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Consignas pola dignidade dun servizo e dereito fundamental como é o da saúde e a atención sanitaria pública foron escoitadas até o remata desta mobilización fronte á Delegación da Xunta en Vigo, na Praza de Estrela.

Participación importante da CIG

María Xosé Abuin, secretaria nacional da CIG-Saúde, estivo presente neste mobilización, e sinalou que "a CIG foi unha das impulsoras de que se constituiran estas plataformas en defensa da sanidade pública, porque desde a toma de posesión do novo goberno autonómico do PP, e xa no seu programa de goberno e despois moito máis agresivamente, viamos como ía introducir todas as medidas de iniciativas privadas e de privatización dentro da sanidade".

Mobilización "moi positiva"

"A mobilización de hoxe é moi positiva porque somos moitos e moitas os que saímos hoxe ás rúas, pero isto só acaba de comezar porque a intención do Partido Popular é clara, quere facer un reparto de negocio entre os seus amigos das empresas privadas e cremos que a isto hai que respondelo coa máxima contundencia, porque senón ao longo dos próximos anos a calidade asistencial será moito pior, teremos menos camas hospitalarias, teremos menos profisionais sanitarios, e os pacientes serán seleccionados polo custe do proceso e non por pataloxias", engadía a secretaria nacional da CIG-Saúde. 

A presenza da CIG foi importante nesta mobilización, que remataba, como xa sinalamos, fronte ao Edificio da Xunta, onde Avelino González, actor, daba lectura ao manifesto final, que reproducimos integramente á continuación.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy