 Rúa de Pontevedra Os amantes da cervexa e a gastronomía alemá están de sorte, xa que o Centro Histórico de Pontevedra converterase nun pequeno "Munich" coa celebración da primeira edición do "OutubroFest ", "un símil galaico e desenfadado" da popular OktoberFest bávara, segundo un dos seus organizadores, Féliz Álvarez.
A iniciativa, que ten por obxectivo financiar ao recente creado Pontevedra Rugby Club, conta co apoio do Concello de Pontevedra e do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, de xeito que entre as 11.30 e as 0.30 horas, os asistentes poderán degustar distintos tipos de cervexa e tres pratos variados cunha atractiva antoloxía de produtos cárnicos centroeuropeos. Félix Álvarez, responsable da idea, destacou que o "OutubroFest" está xerando unha gran expectación en distintos blogs e redes sociais de Internet e que xa recibiu algunhas chamadas de interesados en reservar mesas grandes, unha delas para 30 persoas, e aínda que non se aventurou a vaticinar a cifra de asistentes indicou que contan con chegar comodamente ás 5.000 persoas. Os tres pratos con xantar típico alemá terán un custo de entre 5 e 9 euros, serán abundantes, "suficientes para tres ou catro persoas" e tamén servirán as típicas salchichas de medio metro, "todo un aliciente que dará tirón ao evento ", mentres que no que fai á cervexa, indicou que toda ela será de trigo, desde a máis dourada ata a máis torrada, pero sempre co característico sabor suave da cervexa alemá, que custarán tres euros a xerra de medio litro e cinco euros para a de litro. Pola súa banda, o presidente Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Miguel Lago destacou que "eventos como este contribúen a que Pontevedra se consolide como cidade turística e cunhas prazas cheas de vida e animación", e augurou a esta celebración un éxito importante.
Trackback(0)
|